ACCIÓN CULTURAL

Teatro del Arte presenta "Luciérnagas", sobre un texto de Carolina Román

29/06/2016

Despois da exitosa En construcción, escrita e protagonizada por Carolina Román e Nelson Dante e dirixida por Tristán Ulloa, e que puidemos ver en Compostela, Carolina Román presenta agora un novo texto: Luciérnagas. Da man de Teatro del Arte e protagonizado por Carmen Gutiérrez, Fede Rey e Jaime Reynolds, poderemos velo este xoves 30 de xuño e de novo o venres 1 de xullo, ás 20:30 horas, no Teatro Principal.

Ler máis

CONVIVENCIA

Moito Olliño visita o Hospital Clínico

29/06/2016

A Policía Local de Santiago segue traballando para que os condutores do futuro sexan condutores precavidos. Esta mañá, o seu programa de educación viaria chegou ao Hospital Clínico, onde a mascota Moito Olliño visitou a escola infantil do centro, á que acoden os nenos e nenas ingresados, e tamén o centro no que son atendidos os fillos e fillas do persoal do CHUS.

Ler máis

ACCIÓN CULTURAL

Ultimate Painting e El Monstruo, protagonistas da inauguración do "TerraZeando. Ciclo de concertos ao fresco"

29/06/2016

Os sofisticados británicos Ultimate Painting e os galegos El Monstruo protagonizan o concerto inaugural do TerraZeando. Ciclo de concertos ao fresco, organizado pola asociación Desconcierto Cultural coa colaboración do Concello de Santiago. Será mañá xoves, a partir das 20:00 horas, no Parque Eugenio Granell, nunha actividade na que participan tamén o Resas, o bar do propio parque Eugenio Granell. Despois haberá unha sesión de música con Isaac Torgal. A entrada é libre.

Ler máis

MOBILIDADE

O 1 de xullo entran en vigor os horarios de verán no servizo de transporte urbano

29/06/2016

Como cada ano, o vindeiro 1 de xullo entrarán en vigor os horarios de verán no servizo de transporte urbano. Este ano non haberá ningunha modificación con respecto ao pasado período estival, no que xa se fixera unha clara aposta pola mellora nas frecuencias no rural co aumento de servizos na liña P3 (Santa Lucía), na liña 6 e na liña P1 (Figueiras).

Ler máis

CONVIVENCIA

O Concello mellora a seguridade viaria no contorno do IES Xelmírez II

28/06/2016

O concelleiro de Medio Ambiente e Convivencia deu conta hoxe das medidas postas en marcha polo seu Departamento para mellorar a seguridade viaria no contorno do IES Xelmírez II. Fíxoo acompañado pola directora do centro, por varios profesores, e por un grupo de estudantes autores dun traballo no que propoñían boa parte das medidas agora implantadas.

Ler máis

CONSORCIO

A Escola de Altos Estudos Musicais realizará novas probas en setembro para cubrir catro prazas do curso de especialización orquestral

28/06/2016

Un total de 155 rapaces e rapazas presentáronse ás probas de selección para acceder a algunha das 18 prazas ofertadas para o novo curso 2016-2017 dentro do Curso Avanzado de Especialización Orquestral impartido pola Escola de Altos Estudos Musicais: 6 prazas para violín, 2 para viola, 2 para violoncello e 1 praza para as especialidades de contrabaixo, óboe, frauta, clarinete, fagot, trompa, trompeta e percusión.

Ler máis

ACCIÓN CULTURAL

O Concello e a Asociación Cultural Rocha Forte organizan un campamento de verán para nenos e nenas de entre 9 e 11 anos

27/06/2016

A concelleira de Acción Cultural, Branca Novoneyra, presentou acompañada de Carlos Delgado, presidente da Asociación Cultural Rocha Forte, e de María del Mar Bóveda, directora de Caixal Proxectos Culturais, o Campamento de Verán Rocha Forte. É o primeiro ano que se celebra este campamento, que terá lugar na Rocha entre o 11 e o 22 de xullo, en horario de 10:00 a 14:00 horas.

Ler máis
Compartir: