ALCALDÍA

Apertura ao tráfico da Choupana e Galeras

30/11/2010

O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, visitou as obras de reurbanización de Galeras e A Choupana. A primeira das vías abrirá ao tráfico nos dous sentidos o sábado 4 de decembro, mentres que pola segunda xa circulan os vehículos con normalidade a dende a mañá do mércores 1.

Ler máis

XUNTA DE GOBERNO

Aprobadas as novas tarifas de taxi para 2011

30/11/2010

A Xunta de Goberno aprobou as novas tarifas de auto-taxi para 2011. A tarifa mínima por quilómetro percorrido durante o día queda en 0,89 euros, quedando a baixada de bandeira en 3,40 euros. A suba media das tarifas é dun 2,19%.

Ler máis

CULTURA

Oliver Laxe considera o Premio Cineuropa 2010 "un estímulo para seguir traballando"

30/11/2010

O director parisiense de ascendencia galega, Oliver Laxe, agradeceu en rolda de prensa a concesión dun dos premios Cineuropa 2010, que "considera un estímulo para seguir traballando" aínda que "ten algo de estrano para mín", confesou, porque en xeral "os premios danse ao final das carreiras" e, sobre todo, "polos importantes nomes que xa o posúen". Oliver Laxe asistiu logo á cerimonia de entrega do premio que se celebrou no Teatro Principal e onde posteriormente se proxectou a súa película...

Ler máis

PARTICIPACIÓN CIDADÁ

Participación Cidadá e a Asociación de Hostalería de Santiago organizan dous cursos de cociña tradicional

29/11/2010

A programación de Participación Cidadá para o inverno traen tamén como novidade dous cursos de cociña tradicional, con degustación incluída, dirixidos aos colectivos sociais e veciñais. Están organizados en colaboración coa Asociación de Hostalería de Santiago de Compostela e Comarca e impartiranse no Centro de Formación e Cultura que a entidade ten na rúa das Salvadas, 29-31 baixo.

Ler máis

CULTURA

Jonás Trueba estrea en Santiago o seu filme "Todas las canciones hablan de mí"

29/11/2010

O director Jonás Trueba que presentou en Cineuropa a súa primeira película Todas las canciones hablan de mí, manifestou en rolda de prensa que tentou contar unha historia "non xeracional, como teñen dito algúns, senón que captara unha especie de nostalxia desa xeración de transición que estamos totalmente integrados en internet pero somos a última que escribiu cartas a man. Nese sentido, é unha película máis repousada, máis física e de obxectos".

Ler máis

CONSORCIO

O Auditorio de Galicia acolle a posta en escena da ópera "A voz humana", de Poulenc

29/11/2010

O seguinte concerto de abono da Real Filharmonía no Auditorio de Galicia (xoves 2 de decembro, ás 21:00 horas) inclúe dúas iniciativas orixinais e diversas: dunha parte a estrea absoluta de Tropos. Concerto para violín e orquestra, escrita polo compositor galego Octavio Vázquez, e doutra a posta en escena da ópera de Poulenc A voz humana.

Ler máis

CONSORCIO

A Comisión Executiva do Consorcio informou sobre o sistema de xestión das exencións fiscais polo 800 aniversario da Catedral

29/11/2010

A Comisión Executiva do Consorcio de Santiago informou sobre o sistema de xestión que funcionará durante o próximo 2011 para administrar as exencións fiscais relacionadas coa conmemoración do 800 Aniversario da consagración da Catedral de Santiago. Estas exencións serán aplicadas en relación ás obras contempladas no Plan Director da Catedral, no que se especifican os diferentes traballos de restauración e rehabilitación que precisa a basílica xacobea.

Ler máis
Compartir: