XUNTA DE GOBERNO
O Concello de Santiago mantén os descontos do 50% nos bonos multiviaxe do bus urbano
A Xunta de Goberno local deu luz verde esta mañá á solicitude de axudas para manter os prezos reducidos nos bonos de transporte urbano de viaxeiros. O Concello asume unha bonificación do 20% que se suma á do 30% establecida polo Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana.
XUNTA DE GOBERNO
A Xunta de Goberno adxudica as obras para a execución do Centro Integral Para a Inclusión Social (CIPIS) por máis de 800.000 euros
A Xunta de Goberno local acordou esta mañá adxudicar o contrato das "Obras de execución do proxecto Centro Integral para a Inclusión Social (CIPIS)" á empresa OBRAS GALLAECIA SL, por un importe total e 800.052,00 euros, e o contrato de obras de "Mellora dos accesos á Almáciga: ámbito Pastoriza" á empresa EULOGIO VIÑAL OBRAS Y CONSTRUCCIONES SA, por preto de 298.836,35 €. Tamen se deu luz verde á aprobación da segunda fase do proxecto de "Ampliación da plataforma do viario entre...
FESTAS
Os Fogos do Apóstolo encheron de luz e cor a noite compostelá
O espectáculo pirotécnico das Festas do Apóstolo do 24 de xullo lanzouse de xeito sincronizado desde cinco localizacións, deixando unha fermosa estampa nocturna no ceo compostelán. A variedade de efectos e cores dos fogos artificiais e os diferentes escenarios de fondo lograron que veciñanza e visitantes puideran gozar dun espectáculo singular desde múltiples puntos da cidade.