FESTAS
O pregón de Leilía marca o punto de partida das Festas do Apóstolo deste ano
19/07/2023
Ler máis
As Festas do Apóstolo 2023 botan a andar mañá, xoves 20, cun pregón a cargo das integrantes do mítico grupo Leilía que terá lugar ás 22.00 h desde o balcón do Pazo de Raxoi. A praza do Obradoiro acollerá a continuación o concerto do recoñecido grupo xamaicano de reggae, The Original Wailers, fundado en 1963 por Bob Marley.
ALCALDÍA
Goretti Sanmartín visita as instalacións de Castrosua para coñecer os seus proxectos de mobilidade sustentable
19/07/2023
Ler máis
A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, acompañada polo concelleiro de Mobilidade, Xan Duro, e pola portavoz do goberno, Míriam Louzao, coñeceron de primeira man os proxectos da empresa e visitaron a planta de produción en Santiago de Compostela.