ALCALDÍA
Santiago acolle este domingo a carreira "Os 10.000 peregrinos" coa presenza de grandes referentes do atletismo a nivel internacional
A carreira, impulsada pola Deputación da Coruña co apoio do Concello de Santiago e a Federación Galega de Atletismo, foi presentada esta mañá na praza do Obradoiro. Este evento deportivo, que se desenvoverá o vindeiro domingo entre as 16:30 e as 20:00 h, contará coa participación de grandes atletas españois de carácter internacional como Adrián Ben, Tariku Novales, Daniel Arce, Fernando Carro, Irene Sánchez-Escribano, Crisina Ruíz e Esther Navarrete.
FORO CÍVICO
O Foro Cívico reúnese para avaliar o estado dos cinco puntos clave fixados para este mandato
O alcalde destacou os avances en materia de industrialización dos últimos catro anos asumindo este como un dos principais eixos de desenvolvemento "promovendo a creación de emprego e creando oportunidades para reter o coñecemento e o talento": "foron 87 as licencias concedidas nestes anos para a implantación de novas industrias".