CONSORCIO
Miguelanxo Prado ofrece unha conferencia no Museo das Peregrinacións e de Santiago sobre os seus 30 anos de traxectoria profesional
O Consorcio de Santiago e El Patito Editorial inauguraron a principios de agosto a exposición Mar interior. Miguelanxo Prado no Museo das Peregrinacións e de Santiago, na praza das Praterías. Trátase dunha mostra antolóxica do debuxante galego, a primeira destas características que se realiza en Galicia. Este mércores 5 de novembro, ás 18:00 horas, Miguelanxo Prado ofrecerá unha conferencia no museo titulada Espello retrovisor, centrada nos seus trinta anos de traxectoria profesional. A entrada ao acto é.../em>
TURISMO
Turismo de Santiago promociona Compostela no mercado británico, o cuarto internacional máis importante para a cidade
Turismo de Santiago está promocionando a cidade na World Travel Market, a feira turística máis importante do mercado británico, que se celebra en Londres entre o 3 e o 6 de novembro.
ALCALDÍA
A Policía Local de Santiago recibe unha placa de recoñecemento ao mérito colectivo da Academia Galega de Seguridade Pública
O alcalde de Santiago, Agustín Hernández, asistiu ao acto de entrega dunha placa de mérito colectivo á Policía Local de Santiago. Ao acto, celebrado na Academia Galega de Seguridade Pública, na Estrada, asistiu tamén o concelleiro de Seguridade e Mobilidade, Alejandro Sánchez-Brunete.
ALCALDÍA
Visita institucional ás novas instalacións da Asociación Sarela en Tras Paxonal
A primeira tenente de alcalde, Teresa Gutiérrez, visitou xunto co presidente da Deputación da Coruña, Diego Calvo, o novo centro de Sarela, Asociación de Dano Cerebral de Compostela, situado no número 3 da rúa Pedro Cabezas González, en Tras Paxonal.
CONSORCIO
O Consorcio de Santiago comeza as obras no Multiúsos do Sar para atallar as filtracións da auga da chuvia ao interior do edificio
O Consorcio de Santiago vén de adxudicar a obra de eliminación de filtracións pluviais no Multiúsos do Sar por un importe de 95.469 euros. A empresa Proyecon Galicia, S.A. acaba de comezar os traballos e estímase que as diferentes intervencións estean rematadas no prazo de dous meses.
PATRIMONIO
As Cidades Patrimonio e a Unidade Militar de Emerxencias asinan un convenio en materia de protección de bens culturais
A Sala Histórica do Cuartel Xeral da Unidade Militar de Emerxencias (UME) na base de Torrejón de Ardoz, acolleu a sinatura dun convenio de colaboración entre o Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade de España e a UME. Subscribiron o acordo o presidente do Grupo e alcalde de Alcalá de Henares, Javier Bello, e o xefe da UME, o tenente xeneral do Exército de Terra César Muro.
ALCALDÍA
O alcalde destaca as posibilidades de proxección e o prestixio internacional do Premio Compostela de Álbums Ilustrados
O alcalde de Santiago, Agustín Hernández, presidiu no Museo das Peregrinacións e de Santiago o acto de entrega do VII Premio Compostela de Álbums Ilustrados ao ilustrador Federico Delicado, pola obra Ícaro.
CONSORCIO
A RFG estrea "Mar ao norde", do compositor galego Fernando Buide, inspirada no libro de poemas homónimo de Álvaro Cunqueiro
A Real Filharmonía de Galicia celebra esta semana dous concertos. O primeiro, o xoves 6 no Centro Cultural Afundación de Vigo, ás 20:30 horas. Ao día seguinte, o venres 7, a orquestra actuará en Santiago, ás 21:00 horas, no Auditorio de Galicia. Ademais, o luns 10, a RFG ofrecerá un concerto no Auditorio Nacional de Música, en Madrid. Nas tres citas a batuta levaraa o director titular e artístico da RFG, Paul Daniel.