ECONOMÍA
O Concello elabora oito estudos de mercado en barrios do Urbana Santiago Norte para fomentar o emprendemento
A concelleira de Economía, Reyes Leis, acompañada da responsable da Economía do Concello, Carme Casado, e Modesto Gómez e Laura Brenlla, da empresa Enxeño Galicia, presentaron a principal ferramenta de información sobre emprendemento do Urbana Santiago Norte, proxecto cofinanciado polos Fondos Feder da Unión Europea, que ten por obxecto a posta en marcha dunha estratexia integral de rexeneración urbana nos barrios da zona norte para equilibralos co resto da cidade.
ALCALDÍA
Presentada en Santiago unha análise da situación actual da prensa en Galicia
O alcalde compostelán, Ángel Currás, e a concelleira de Economía, Reyes Leism asistiron á presentación da Análise de prensa 2013, un estudo en profundidade da realidade deste medio no noso país.
CULTURA
"Aneis", "Dessassosego" e "O asombro", tres Escenas Poéticas para a Zona C
O director-xerente do Auditorio de Galicia, José Víctor Carou, presentou as representacións de Escenas Poéticas, tres pezas que abranguen o teatro de obxectos, danza e cabaré especialmente pensadas para a Zona C. Estivo acompañado de representantes das tres compañías que protagonizan as tres propostas: Branca Novoneyra ("Aneis"), Iria Pinheiro de DandyLady ("Dessassosego") e Inacio Vilariño de Fantoches Baj ("O asombro").
FACENDA
Últimos días para que os cidadáns se acollan ao pago fraccionado do IBI
A concelleira de Facenda, Cecilia Sierra, informou sobre a solicitude do pago fraccionado do IBI e animou aos cidadáns a aproveitar os últimos días para elixir esta alternativa, que permitirá sufragar o imposto en tres prazos. O último día para solicitar este pago fraccionado é o xoves 28 de febreiro.
PARTICIPACIÓN CIDADÁ E CENTROS SOCIOCULTURAIS
Dúas novas rutas didácticas no programa "Cultura Viva. Fai túa Compostela"
Continúan as rutas didácticas do programa educativo Cultura Viva. Fai túa Compostela, promovido pola Concellaría de Participación Cidadá e Centros Socioculturais. Esta semana, oportunidade para visitar a cerca da cidade e as ribeiras do Sarela.