RELACIÓNS VECIÑAIS
Publicada a lista de candidaturas ás eleccións do Consello de Relacións Veciñais
A Concellería de Relacións Veciñais continúa co proceso de eleccións ao Consello de Relacións Veciñais. Unha vez finalizado prazo para a presentación das candidaturas individuais, faise pública a lista de candidatos e candidatas. Ata o mércores 27 de novembro estará aberto o prazo para facer as reclamacións correspondentes.
CULTURA
María de Medeiros recolle o Premio Cineuropa
Na xornada do martes 19 entregarase o segundo dos premios Cineuropa, neste caso a María de Medeiros. Será nun acto no Salón Teatro, ás 21:30 horas, cando o concelleiro Francisco Noya lle entregue o premio á actriz, directora e cantante portuguesa.
MEDIO AMBIENTE
As obras nos colectores do Sar e as melloras técnicas na EDAR da Silvouta mellorarán a calidade ambiental da contorna compostelá
O alcalde compostelán, Ángel Currás; a concelleira de Sostibilidade, María Pardo; o conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Agustín Hernández; o delegado do Goberno en Galicia, Samuel Juárez; o presidente da Confederación Hidrográfica Miño-Sil, Francisco Marín; e o director de Augas de Galicia, Francisco Menéndez, visitaron as obras de execución dos colectores do río Sar.
SOSTIBILIDADE E FESTAS
Novas composicións de árbores de Nadal e alumeado para o Obradoiro e os barrios
Os concelleiros de Sostibilidade, María Pardo, e de Festas, Francisco Noya, presentaron algunhas das novidades que ofrecerá a ornamentación de Nadal. Este ano, as árbores chegarán a varios barrios composteláns e, tamén como novidade, a tradicional árbore da praza do Obradoiro será substituído por unha composición de sete arbores de diferentes tamaños.
MULLER E IGUALDADE
Máis de 100 profesionais participarán no I Congreso Nacional de Intervención e Prevención da Violencia de Xénero
O 25 de novembro celébrase o Día Internacional contra a Violencia de Xénero. Con tal motivo, a Concellería Familia, Benestar Social, Muller e Igualdade organiza o I Congreso Nacional de Intervención e Prevención da Violencia de Xénero, que se celebrará os días 28, 29 e 30 de novembro no Hotel Oca Puerta del Camino.
XUVENTUDE
Turbolaser, Hellorice, Persé e Neko e Daso, finalistas do VI Certame MúsicaXove
A concelleira de Xuventude, Rebeca Domínguez, presidiu o xurado que se reuniu en Raxoi para elixir os gañadores do VI Certame MúsicaXove. Os catro finalistas son Turbolaser (Santiago), Hellorice (Santiago), Persé (Teo) e Neko e Daso (Poio).
ALCALDÍA
Audiencia do Rei aos alcaldes do Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade
O alcalde compostelán, Ángel Currás, e os outros 12 alcaldes do Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade de España participarán mañá martes, 19 de novembro, nunha audiencia concedida polo Rei de España con motivo do vixésimo aniversario da constitución do Grupo.
CONSORCIO
A mostra "Rúas de Compostela. De onte a hoxe" supera as 2.000 visitas en mes e medio
Caramoniña, Porta Faxeira, Conga, Pexigo de Arriba, son algunhas das 61 referenciadas na exposición Rúas de Compostela. De onte a hoxe, que se pode visitar ata finais de xaneiro na Casa do Cabido, na praza das Praterías. Dende a súa apertura hai mes e medio superáronse as dúas mil visitas, o que dá unha media de 54 por día. "É unha asistencia moi boa que esperamos manter ata a súa clausura", segundo indica o seu comisario, Juan Conde Roa.
DEPORTES
Entregados os premios aos clubs de fútbol máis deportivos da temporada 2012-2013
O Club Peña Bodegón Arzúa (2ª Autonómica), o Club La Salle (3ª Autonómica), a A.D.M Peleteiro (Xuvenil) e o Atlético Fátima (Cadete) foron os gañadores dos trofeos á deportividade da temporada 2012/13. O alcalde compostelán, Ángel Currás, e o concelleiro de Deportes, Adrián Varela, presidiron en Raxoi a entrega de trofeos.