INFRAESTRUTURAS

Tres actuacións comezan á reurbanización interior do barrio de Vista Alegre

03/05/2011

O barrio de Vista Alegre dará un "salto na súa calidade urbana" coa reurbanización das súas rúas e prazas, contemplada na iniciativa Urbana Santiago Norte, financiada con fondos FEDER. Así o indicou o concelleiro de Obras e Infraestruturas, Bernardino Rama, que explicou as tres primeiras actuacións na praza de Álvaro Cunqueiro, na rúa de Noia e na rúa paralela ao parque de Xoán XXIII.

Ler máis

CIRCULACIÓN VIARIA

A reserva de prazas para residentes estenderase ao casco histórico en 2012

03/05/2011

A concelleira de Circulación Cidadá, Marta Álvarez-Santullano, anunciou que a implantación das zonas de estacionamento para residentes estenderase nunha segunda fase á zona histórica. Será en 2012, unha vez rematada a primeira fase, da que aínda faltan por completarse as zonas de Sar, San Lourenzo, Pelamios, Vista Alegre e Santa Marta.

Ler máis

EDUCACIÓN

As dúas mellores obras escolares do Certame de Teatro Intercentros representaranse no Principal os días 16 e 18 de maio

03/05/2011

O XVI Certame de Teatro Intercentros alcanzou unha nova edición, convertido xa nunha cita tradicional do calendario educativo do curso. Organizado pola Concellería de Educación e a Coordinadora de Equipas de Normalización Lingüística de Santiago, o evento conta este ano con 14 representacións, que poñen en escena os alumnos de dez centros escolares.

Ler máis

EDUCACIÓN

A Escola Municipal de Música incorpora novas propostas para o curso 2011-2012

03/05/2011

A concelleira de Educación, Mercedes Rosón, acompañada pola directora e xefe de estudos da Escola Municipal de Música, Sara Domínguez e Mario Diz, deu a coñecer os prazos de matriculación da Escola Municipal de Música. Para este novo curso, o centro fai unha aposta decidida por materias como a música tradicional, a ensinanza infantil, a música moderna ou a danza.

Ler máis

CULTURA

Les Slovaks traen dous espectáculos a SCQ Danza: "Whitin" e "Journey Home"

03/05/2011

O ciclo SCQ Danza, que organiza a concellaría de Cultura, ten unha nova cita no calendario o mércores 4 e o xoves 5 con Les Slovaks. É o derradeiro dos espectáculos que a Concellaría ofrece este semestre dentro deste programa dedicado á danza contemporánea, logo de que por motivos alleos á organización houbera que pospoñer o espectáculo de Experimentadanza previsto para o mes de xuño.

Ler máis
Compartir: