EDUCACIÓN

Clases e obradoiros lúdicos para mellorar o nivel de inglés durante o verán

20/05/2011

A Concellería de Educación pon en marcha unha nova edición da Escola Municipal de Verán de Inglés (English Summer School), convertida xa nunha actividade clásica dos veráns en Compostela. Desenvolverase do 1 ao 29 de xullo, en horario de 9:00 a 14:00 horas, no IES Rosalía de Castro. Non obstante, a recepción farase diariamente dende as 8:15 horas.

Ler máis

EDUCACIÓN

O Concello de Santiago colabora coa Asociación de Celíacos de Galicia na divulgación da enfermidade

20/05/2011

A Concellería de Educación colabora coa Asociación de Celíacos de Galicia en dar a coñecer esta enfermidade. Así, e con motivo da celebración do Día Nacional do Celíaco o venres 27 de maio, realizarase unha campaña de divulgación nos colexios, co reparto de folletos informativos entre os alumnos de 6º de Primaria dos centros escolares da cidade. O Concello colabora tamén con outras iniciativas, como o concurso Santiago(é)Tapas ou unha campaña nos medios de comunicación.

Ler máis

CULTURA

Aldo Ciccolini clausura o III Ciclo de Piano Ángel Brage no Auditorio de Galicia

20/05/2011

O III Ciclo de Piano Ángel Brage chega ao seu fin o domingo 22 cun concerto do pianista Aldo Ciccolini. Este ciclo enmárcase dentro do Programa de Abono do Auditorio de Galicia, organizado pola Concellaría de Cultura. Anteriormente pasaron polo Auditorio de Galicia a xermano-xaponesa Alice Sara Ott e o ruso Arcadi Volodos. Ciccolini presenta un programa con obras de Fréderic Chopin e Franz Lizst.

Ler máis

TURISMO

Todo listo para o primeiro (é)tapasmóbil

20/05/2011

Santiago(é)Tapas, evento enmarcado no 800 Aniversario da Consagración da Catedral, estreou nesta edición o Tapasporte virtual, unha aplicación para terminais móbiles que ten toda a información do èm]Tapasporte, ademais das vantaxes destas novas tecnoloxías, como a xeolocalización do establecementos participantes e das rutas do concurso. Esta ferramenta electrónica ten o mesmo valor que o Tapasporte físico e permite optar aos mesmos premios. Entre o 13 e o 18 houbo 294 descargas da...

Ler máis
Compartir: