DEPORTES

As novas pistas de tenis e pádel de Sar abren ao público con dous meses de uso de balde

02/05/2011

Do 5 de maio ao 4 de xullo, calquera persoa censada no Concello de Santiago poderá utilizar de balde as novas tres pistas de pádel e a pista de tenis situadas na rúa Casas Hedra, fronte ás piscinas de Sar, previa reserva das mesmas. Así o anunciou o concelleiro de Deportes, Bernardino Rama, en rolda de prensa, que destacou que esta medida pretende promover a práctica destes deportes entre os composteláns.

Ler máis

PROMOCIÓN ECONÓMICA

Unha exposición e unha xornada informativa divulgarán a atención temperá

02/05/2011

O concelleiro de Promoción Económica, Emprego, Comercio e Turismo, Xosé Manuel Iglesias, presentou en rolda de prensa unha campaña divulgativa da atención temperá, que consistirá en dúas accións: unha exposición en Área Central e unha xornada informativa no Cersia. Este programa está cofinanciado polo Fondo Social Europeo.

Ler máis

BENESTAR SOCIAL

O Concello ofrécelle a ABAGAL un lugar na Casa das Asociacións de Benestar Social e colaboración nalgún dos seus programas

02/05/2011

A Asociación de Bulimia e Anorexia de Galicia (ABAGAL), inicia no mes de maio unha campaña intensiva para sumar un maior nivel de compromiso social na sensibilización sobre os trastornos da conduta alimentaria. Esta iniciativa foi presentada no Concello pola concelleira de Benestar Social, Mar Martín, acompañada polo presidente e a psicóloga de ABAGAL, Manuel Rozados e Áurea Brea.

Ler máis
Compartir: