CULTURA

Máis de 2.500 persoas participaron xa nas proxeccións do programa de Curtocircuíto

11/05/2011

Continuando coa celebración do VI Mercado Internacional do Festival Internacional de Curtametraxes Curtocircuíto, que organiza a Concellería de Cultura e Centros Socioculturais, o xoves 12 e o venres 13 haberá un denso programa de proxeccións, no que se poderá ver unha das seccións fóra de concurso e que amosa a creación que, con formato de curta, se produce no audiovisual galego: Panorama Galicia. E tamén vídeos musicais internacionais.

Ler máis

CONSORCIO

Sesenta establecementos ofrecerán 113 pequenos manxares na cuarta edición do concurso "Santiago(é)Tapas"

11/05/2011

Presentouse unha nova edición de Santiago(é)Tapas, o concurso de tapas de Santiago de Compostela, organizado promovida por Turismo de Santiago e a Asociación Hostalería Compostela. Neste ano 2011 celebra a súa cuarta edición, que terá lugar entre o 13 e o 29 de maio, enmarcada dentro do programa de actividades do 800 aniversario da consagración da Catedral. Participan 60 establecementos da cidade, que ofertan un total de 113 tapas. Todas elas teñen un prezo de dous euros.

Ler máis

FESTAS

Di Elas e Chenoa abrirán as Festas da Ascensión con dous concertos gratuítos

11/05/2011

O concelleiro de Festas, Xosé Baqueiro, presentou en rolda de prensa o programa da Ascensión 2011. En total serán cinco días de festa, do 1 ao 5 de xuño, con 50 actuacións musicais, charangas e pasarrúas a todas as horas e en todas as prazas da cidade, mesturadas con actividades tradicionais de folclore nas rúas, títeres, deportes como a chave ou as novas prácticas urbanas relacionadas co skate, ademais das atracción e postos de polbo na Alameda.

Ler máis
Compartir: