BENESTAR SOCIAL E MEDIO AMBIENTE
O civismo ten premio coa campaña de reciclaxe "Retorna. En Santiago de Compostela, ningún envase ao chan"
As concelleiras de Benestar Social, Paula Prado, e de Medio Ambiente, María Castelao, presentaron na praza do Obradoiro a campaña de reciclaxe Retorna. En Santiago de Compostela, ningún envase ao chan. Esta iniciativa pretende sensibilizar sobre a reciclaxe de envases de plástico, vidro e metal. Ademais, neste caso, o civismo ten premio.
ALCALDÍA
Un novo libro recolle as actas dos X Encontros Internacionais e do Congreso de Filosofía no Camiño de Santiago
O Hostal dos Reis Católicos acolleu a presentación do libro Las raíces del humanismo europeo y el Camino de Santiago. Esta publicación, coordinada polos profesores da USC Marcelino Agís e Agustín Dosil e o presidente da Fundación Ad Sanctum Iacobum Peregrinatio, Marcelino Oreja, recolle as actas dos X Encontros Internacionais e do Congreso Internacional de Filosofía no Camiño de Santiago de 2010
ALCALDÍA
Unha comisión de estudio entre Concello e comerciantes avanzará nas probas de peonalización no Ensanche
Tras a reunión mantida coas dúas asociacións comerciais do Ensanche, Acotés e Santiago Centro, o alcalde compostelán, Xerardo Conde Roa, anunciou a creación dunha comisión de estudo que se encargará se trazar as liñas de futuras probas de peonalización nalgunhas rúas desta parte da cidade.
CULTURA
"Torvaldo furioso", de El Óbolo Producciones, pecha o Teatro en Xira 2011
El Óbolo Producciones chega o xoves 15 a Compostela para representar Torvaldo furioso, co que se pecha o ciclo Teatro en Xira, organizado pola Concellería de Cultura. A representación poderá verse no Teatro Principal a partir das 21.00 horas. As entradas, a un prezo de 12 euros en butaca, platea e primeira planta; 8 euros na segunda planta e 6 euros no anfiteatro, xa están á venda na billeteira virtual de Novagalicia Banco. Os días de función poden mercarse na propia billeteira do Principal.
ALCALDÍA
Destacados especialistas analizan en Compostela a situación actual e os retos da atención á diversidade no sistema educativo
O alcalde compostelán, Xerardo Conde Roa, participou no Palacio de Congresos no acto inaugural da V Xornada Debate do Observatorio Estatal da Discapacidade (OED), que baixo o título "Discapacidade e educación" organizan a Xunta de Galicia e o OED. No encontro, representantes do Ministerio de Educación e da Consellería de Educación, membros del movemento asociativo da discapacidade e profesionais do ensino analizan a situación actual, retos e obxectivos da atención á diversidade no sistema educativo.