CONSORCIO

O Consorcio realiza traballos de conservación na capela do Rosario en Bonaval

24/01/2011

O Consorcio de Santiago, no marco das súas políticas de recuperación do patrimonio histórico da cidade, iniciou diferentes traballos de conservación na capela da Confraría do Rosario, pertencente ao conxunto monumental de San Domingos de Bonaval. En total, o ente interadministrativo investirá 67.901 euros. A encargada da súa execución é a empresa Diconsa.

Ler máis
Compartir: