BENESTAR SOCIAL

O Concello renova a súa colaboración coa Fundación Secretariado Xitano

23/09/2010

O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, e o director-xerente da Fundación Secretariado Xitano, Isidro Juan Rodríguez Hernández, asinaron esta mañá no Pazo de Raxoi un convenio de colaboración en virtude do cal a entidade municipal achega á ONG 19.700 euros para o desenvolvemento das actividades enmarcadas dentro do programa Acceder, dirixido á poboación xitana do municipio de Santiago de Compostela.

Ler máis

EDUCACIÓN

A Concellería de Educación involúcrase na celebración da Noite dos Investigadores

23/09/2010

A Noite dos Investigadores 2010 celebrarase o vindeiro venres 24 de setembro en Santiago de Compostela e, simultaneamente, en 150 cidades europeas máis. A Delegación Institucional do CSIC (Consejo Superior de Investigaciones Científicas) en Galicia, lidera o proxecto na nosa comunidade en colaboración co Departamento de Educación do Concello de Santiago de Compostela.

Ler máis

BENESTAR SOCIAL

As persoas xordas celebran o sábado o seu Día Internacional para reivindicar os seus dereitos e facerse máis visibles ante a sociedade

23/09/2010

A concelleira de Benestar Social, Mar Martin, acompañada do presidente da Asociación Compostelá de Persoas Xordas, José Antonio Pais, e do secretario da Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia, presentou en rolda de prensa o Día Internacional deste colectivo, que tará lugar este sábado, 25 de setembro, cun obxectivo claro: sensibilizar á sociedade.

Ler máis
Compartir: