ALCALDÍA

As obras máis complexas de reforzo do firme das vías da cidade realizaranse durante a noite nos últimos días de agosto

11/08/2010

O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, anticipou que as obras de reforzo do firme naquelas rúas de máis complexidade se realizarán durante as noites entre o 22 e o 31 de agosto. Coa adxudicación definitiva deste contrato, poderán acometerse de inmediato actuacións en tramos como o que vai dende a rotonda do Castiñeiriño ata Pontepedriña, Hórreo, Xoán XXIII ou San Caetano.

Ler máis
Compartir: