COMERCIO

O programa "Volta ao cole" promoverá as compras de outono nos comercios de Santiago de Compostela

06/07/2010

O concelleiro de Promoción Económica, Emprego, Comercio e Turismo, Xosé Manuel Iglesias, presentou o Concurso de promoción comercial Volta ao cole, aprobado en Xunta de Goberno. Este programa pretende potenciar as compras nos establecementos comerciais na cidade durante o outono, promover a adaptación dos comercios ao mercado actual e estimular a implantación de estratexias encamiñadas á satisfacción dos consumidores.

Ler máis

MEDIO AMBIENTE E CIDADE HISTÓRICA

Ábrese o prazo para votar o mellor balcón do II Concurso de Balcóns "Flores na cidade"

06/07/2010

Unha vez rematado o prazo de presentación para o II Concurso de Balcóns "Flores na Cidade", ábrese o prazo de votacións para elixir o premio do público ao mellor balcón de entre os 64 inscritos. Poderá facerse dende o 7 de xullo, ás 8:00 horas, ata o 15 de xullo a través dun enlace nesta páxina web. No microsite ao que este remite poden verse as bases do concurso e as fotografías dos balcóns inscritos, e votar as...

Ler máis
Compartir: