PARTICIPACIÓN CIDADÁ

A aventura en bicicleta de Brais Palmás polos espazos naturais de Europa, recollida nunha exposición na Casa das Asociacións

02/06/2010

A Concellería de Participación Cidadá leva á Casa das Asociacións a mostra "Ecos de ruta", que recolle as fotografías realizadas por Brais Palmás nun percorrido en bicicleta polos espazos naturais de Europa ao longo de 5.500 quilómetros e catro meses. A mostra abrirase ao público o xoves 3 de xuño e o protagonista estará en Santiago para participar nun faladoiro xusto dous días antes de iniciar a súa nova aventura, esta vez por Eurasia e durante tres anos.

Ler máis

MERCADOS E FESTAS

O Concello anima os cidadáns a participar na representación medieval da coroación de Alfonso Raimúndez como rei de Galicia

02/06/2010

O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, inaugurará o venres 4, ás 12:30 horas, na praza do Toural, a III Feira Medieval, que se prolongará ata o domingo 6. O Concello quere animar a todos os veciños e veciñas a participar do ambiente e das actividades desta celebración e, sobre todo, a unirse cos seus vestidos de época á representación histórica da coroación de Alfonso Raimúndez como rei de Galicia o sábado 5, a partir das 19:00 horas, polas rúas e prazas da Cidade...

Ler máis

EMPREGO

O "Startup Weekend Galicia" ensina como crear unha empresa en 48 horas

02/06/2010

O concelleiro de Promoción Económica, Emprego, Comercio e Turismo, Xosé Manuel Iglesias presentou, xunto os organizadores, María Encinar e Iago Soto, o Startup Weekend Galicia. Trátase dun evento de tres días de duración, relacionado co emprendemento e a creación de empresas, no que colabora Promoción Económica a través do programa de fomento do emprendemento Compostela Activa 2010.

Ler máis

CULTURA

Meredith Monk e a danza, protagonistas do calendario cultural de xuño

02/06/2010

A concelleira de cultura e Centros Socioculturais, Socorro García Conde, e o director-xerente do Auditorio de Galicia, Paulo Rodríguez, presentaron a programación cultural de xuño en Compostela. A oferta inclúe propostas como a de Meredith Monk, que pecha a temporada de Sons da Diversidade, ou o certame Entredanzas.

Ler máis
Compartir: