EDUCACIÓN

Movilab, un laboratorio sobre rodas para fomentar a curiosidade científica

16/06/2010

Ciencia sobre rodas. Un laboratorio móbil instalado no trailer dun camión que ten como obxectivo achegar a ciencia a un público heteroxéneo dende os seis aos 90 anos. O camión científico é a última iniciativa do Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC), a Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía (FECYT) e a Fundació Padrosa para fomentar a cultura científica, e chegou a Santiago, onde permanecerá ata o 19 de xuño. Este camión está instalado...

Ler máis

MEDIO AMBIENTE

A terceira edición da Feira do Sol chega ao paseo central da Alameda

16/06/2010

A concelleira de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostíbel, Elvira Cienfuegos, presentou a terceira Feira do Sol que se celebra o sábado 19 no paseo central da Alameda desde as 11:30 ata as 20:00 horas. Esta actividade está enmarcada no programa Vive o Verán, que organizan as concellarías de Medio Ambiente e de Cultura e Centros Socioculturais.

Ler máis
Compartir: