RELACIÓNS INSTITUCIONAIS

Santiago-Une cumpriu cos obxectivos de crear unha rede de cidades e de dinamizar a idea de Europa entre os cidadáns

09/12/2010

O concelleiro de Relacións Institucionais, Andrés Fariña, fixo balance das accións realizadas no marco do programa Santiago-Une, acompañado polo conselleiro técnico da Subdirección General de Cooperación Cultural coas Comunidades Autónomas do Ministerio de Cultura e responsable do Punto de Contacto Ciudadanía, Augusto Paramio. Destacou o papel deste proxecto para "dinamizar a idea de Europa entre os cidadáns".

Ler máis

CONSORCIO

O Consorcio e o Cabildo traballarán xuntos na xestión da conmemoración do 800 aniversario da consagración da Catedral

09/12/2010

O alcalde e presidente do Consorcio de Santiago, Xosé A. Sánchez Bugallo, e o deán-presidente do Cabildo da Catedral, José María Díaz, asinaron o protocolo de colaboración que permitirá que ambas institucións traballen xuntas na xestión da conmemoración do 800 aniversario da consagración da Catedral de Santiago, que se celebrará en 2011.

Ler máis

CULTURA

O Festival de Teatro Afeccionado Agustín Magán trae catro espectáculos ao Principal

09/12/2010

A concelleira de Cultura e Centros Socioculturais, Socorro García Conde, presentou en rolda de prensa o IX Festival de Teatro Afeccionado Agustín Magán e a gala X Aniversario de FEGATEA (Federación Galega de Teatro Afeccionado), acompañada de dous representantes da Federación, Manuel Dasilva e José León, ademais do director xerente do Auditorio de Galicia, Paulo Rodríguez.

Ler máis
Compartir: