PARTICIPACIÓN CIDADÁ

Boa acollida dos composteláns a un Nadal Solidario que reuniu xoguetes, alimentos e 4.000 euros para entidades solidarias

28/12/2010

A segunda edición do Nadal Solidario contou de novo coa participación solidaria de centos de composteláns, que se achegaron ata a Casa das Asociacións de Cornes para deixar xoguetes e alimentos non perecedoiros ou para participar no rastrillo alí organizado. Neste participaron 16 comercios e 12 entidades da cidade. Entre este mercado solidario e as doazóns directas recadáronse 4.000 euros en metálico.

Ler máis

FESTAS

Unha festa multimedia e pirotécnica despedirá o 2010 dende a praza da Quintana

28/12/2010

O concelleiro de Festas, Xosé Baqueiro, presentou en rolda de prensa a festa de Noitevella, un espectáculo multimedia e pirotécnico organizado en colaboración co Consorcio de Santiago para despedir o Ano Santo e dar a benvida ao 800 aniversario da consagración da Catedral de Santiago, que se celebrará durante o 2011. O orzamento da actividade é de 60.000 euros.

Ler máis

TURISMO

Xosé Manuel Iglesias asegura que a Xunta decapita ao sector turístico de Compostela co novo mapa aéreo de baixo custo

28/12/2010

O concelleiro de Promoción Económica e Turismo, Xosé Manuel Iglesias, compareceu en rolda de prensa para valorar o novo mapa aéreo das liñas de baixo custe que onte deu a coñecer a Xunta de Galicia. Iglesias destacou que a Xunta remata o ano como o comezou, lembrando que "comezouno promocionando o Ano Santo coa Torre de Hércules e celebrando a súa inauguración en Mondariz", continuou "promovendo unha política de congresos na que primaban os non realizados en Santiago e sacando unha campaña de...

Ler máis

CULTURA

"Basilio, o meu amigo imaxinario", de Galitoon, de novo no Principal o xoves 30

28/12/2010

A compañía de monicreques Galitoon, que tivo que cancelar as funcións dos días 4 e 6 de decembro por problemas de saúde dun dos protagonistas, estará no Principal de novo representando Basilio, o meu amigo imaxinario o xoves 30, con dobre sesión, ás 17:30 e ás 19:30 horas. É a segunda xornada de Galitoon no Principal, logo das dúas funcións do 22 de decembro.

Ler máis

CULTURA

Elena de la Merced e Josep-Miquel Ramón, protagonistas do concerto inaugural do festival Todo Lírica 2010

28/12/2010

Co Nadal chega de novo Todo Lírica, un proxecto creado hai dez anos pola Concellaría de Cultura e a Asociación Galega da Lírica, e que dende a súa primeira edición baixo o nome de Festival de Zarzuela de Santiago xa deu exitosos froitos artísticos e de público. O ciclo segue o formato de recitais de voz e piano das anteriores edicións, e nesta ocasión, a do décimo aniversario, consta de tres concertos. Un sólido elenco de novos cantantes que atesouran prestixio e experiencia actuarán no escenario do...

Ler máis

CONSORCIO

Comeza o cuarto Obradoiro de Emprego "Lousados de Compostela"

28/12/2010

O Obradoiro de Emprego Lousados de Compostela acaba de arrincar na súa cuarta edición coas clases teóricas de formación. Dende este mes de decembro, e durante ano, un total de nove alumnos recibirán formación especializada en materia de conservación de pavimentos históricos de pedra. A iniciativa está promovida polo Consorcio de Santiago e a Fundación Laboral da Construcción de Galicia, e conta co apoio financeiro da Xunta de Galicia e do Fondo Social Europeo.

Ler máis

FESTAS

Concluíu unha nova e exitosa edición do festival de corais do Nadal

28/12/2010

Celebrouse a terceira e última xornada do festival de corais do Nadal. Numeroso público achegouse ao Teatro Principal para gozar coas interpretacións de cinco corais da cidade. O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, presidiu a velada, na que tamén se entregaron agasallos ás formacións participantes.

Ler máis
Compartir: