BENESTAR SOCIAL

O programa Educadores de Rúa resume o seu ano de actividades nunha exposición

21/12/2010

A concelleira delegada de Benestar Social e Igualdade, Mar Martín, inaugurará o mércores 22, ás 20:00 horas, no Centro Sociocultural de Conxo, a exposición fotográfica "Un pé na rúa". A mostra reúne un cento de traballos realizados polos mozos e mozas do barrio durante a súa participación nas actividades do programa educativo municipal de Educadores de Rúa. No acto entregaranse tamén os Premios Conxo FM, o programa de radio en liña que elaboran os propios rapaces cada semana.

Ler máis

CULTURA

"Basilio, o meu amigo imaxinario", de Galitoon, estará no Principal os días 22 e 30

21/12/2010

A compañía de monicreques Galitoon, que tivo que cancelar as funcións dos días 4 e 6 de decembro por problemas de saúde dun dos protagonistas, estará no Principal representando Basilio, o meu amigo imaxinario os días 22 e 30 deste mes con dobre sesión cada día: ás 17:30 e ás 19:30 horas. Trátase dun espectáculo que aposta polo gran formato cunha historia que mestura personaxes de carne e óso con monicreques.

Ler máis

ALCALDÍA

O alcalde asistiu en Madrid ao acto de sinatura do convenio para a restauración do Pórtico da Gloria e do seu entorno

21/12/2010

O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, asistiu en Madrid ao acto de sinatura do convenio de colaboración para a restauración do Pórtico da Gloria e do seu entorno entre o arcebispo de Santiago, Julián Barrio, e o ministro de Fomento, José Blanco. Estas obras financiaranse con cargo aos fondos xerados para o 1% Cultural pola contratación de obra pública.

Ler máis
Compartir: