ALCALDÍA

A iluminación de Nadal dá colorido a 36 rúas e seis prazas da cidade

18/12/2010

O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, inaugurou a iluminación de Nadal na praza do Obradoiro, acompañado polo concelleiro de Festas, Xosé Baqueiro, e por outros membros da Corporación. A continuación, e tras percorrer algunhas rúas do Casco Histórico, dirixíronse todos á Praza Roxa, onde tamén quedou inaugurada a pista de xeo instalada en colaboración con Santiago Centro.

Ler máis

DEPORTES

Fin de semana de karate de alto nivel no Multiúsos Fontes do Sar

18/12/2010

Celébrase durante a fin de semana, no Multiúsos do Sar, o Campionato de España de Karate cadete, júnior e sub-21. O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, asistiu ao acto de apertura deste torneo, no que participan 608 deportistas de 17 federacións autonómicas.

Ler máis

PARTICIPACIÓN CIDADÁ

Os composteláns amosan a súa solidariedade na Casa das Asociacións de Cornes

18/12/2010

O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, visitou os actos programados dentro da iniciativa Nadal Solidario, organizada pola Concellería de Participación Cidadá en colaboración coa revista Made in Santiago. O sábado 18 e o domingo 18 celébrase na Casa das Asociacións un rastrillo solidario, e alí recóllense tamén alimentos e xoguetes para doar á Cociña Económica, Cottolengo, Cáritas e Albergue de Xoán XXIII.

Ler máis
Compartir: