ALCALDÍA

O alcalde pide un compromiso claro de continuidade das obras da Cidade da Cultura en 2014 e de construción das súas conexións

10/12/2010

Tras o anuncio da apertura dos dous primeiros edificios da Cidade da Cultura o 12 de xaneiro, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, recordou que o Concello "reivindicamos dende hai tempo que a única maneira de pola en valor é abríndoa". Non obstante, segue a considerar que "sen conexións exteriores, a Cidade da Cultura estará coxa".

Ler máis

ALCALDÍA

Sánchez Bugallo: "Santiago será a cidade con máis solo empresarial de Galicia en 2012"

10/12/2010

Cos novos polígonos industriais de Formarís (SUNP-38) e Costa Vella (SUNP-37.3), a cidade terá en 2012 sete parques empresariais que totalizarán 4.200.000 metros cadrados, que a converterán na "cidade de Galicia, con diferenza, con máis solo empresarial", en palabras do alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo. A urbanización destes dous polígonos e da rotonda de conexión coa N-550 suporá un investimento de 19.077.204 euros.

Ler máis

PARTICIPACIÓN CIDADÁ

Recoñecemento da cidade aos 50 anos de traballo de Teatro de Cámara Ditea

10/12/2010

O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, presidiu o acto de homenaxe que a Concellería de Participación Cidadá lle rendeu a Teatro de Cámara Ditea, con motivo do seu 50 aniversario e pola súa contribución nestes anos á cidade. Pola mesma razón, inaugurouse na Casa das Asociacións de Cornes a mostra 50 anos do Teatro de Cámara Dítea. Estará aberta ata o 13 de xaneiro.

Ler máis

CULTURA

Cineuropa consolida o seu éxito de público

10/12/2010

A XXIV edición de Cineuropa vén a consolidar o éxito de público do festival. O número de afeccionados que acudiron aos pases de películas e se sumaron ás actividades complementarias programadas acadou os 31.874 participantes, segundo os datos facilitados polo director do Festival, José Luis Losa.

Ler máis

ALCALDÍA

Un traballo sobre indumentaria e fala e outro sobre a figura do gaiteiro gañan o XIV Premio Antonio Fraguas

10/12/2010

O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, presidiu o acto de entrega dos galardóns do XIV Premio de Investigación Antonio Fraguas sobre o Traxe Tradicional Galego, organizados pola Asociación do Traxe Galego en colaboración coa Concellería de Cultura e co Centro Comercial Compostela. José Rodríguez Cruz, de A Gudiña (Ourense), co seu traballo Indumentaria e fala, e Félix Boullosa Curra, de Marín (Pontevedra), con O gaiteiro. Seu traxe, foron os triunfadores.

Ler máis
Compartir: