VISITA DO PAPA BENEDICTO XVi

Plan de Mobilidade e Seguridade Viaria con motivo da visita da Súa Santidade o Papa

02/11/2010

Con motivo da próxima visita da Súa Santidade o Papa Bieito XVI a Santiago de Compostela, constiuíuse unha Comisión Técnica sobre Mobilidade e Seguridade Viaria que integra a representantes do Goberno de España, Xunta de Galicia, Concello de Santiago e Arcebispado, así como aos responsables dos Corpos e Forzas de Seguridade do Estado.

Esta comisión deseñou un importante dispositivo que pretende conxugar a seguridade de todos os asistentes, o seu desexo de participar nos actos organizados polo Arcebispado de Santiago...

Ler máis

XUNTA DE GOBERNO

A Xunta de Goberno adscribe a TUSSA o servizo de aluguer de bicicletas

02/11/2010

Na sesión ordinaria da Xunta de Goberno acordouse, entre outros asuntos, que o servizo de aluguer de bicicletas quede adscrito á empresa municipal TUSSA polo período dun ano, prorrogable por outro. Tamén se decidiu autorizar a redacción dun modificado do proxecto das pistas de tenis e pádel en Sar e a solicitude dunha prórroga para esta obra.

Ler máis

SEGURIDADE CIDADÁ E CIRCULACIÓN VIARIA

O Concello distribúe un folleto co plan de mobilidade e recomendacións con motivo da visita do Papa Bieito XVI

02/11/2010

Non se restrinxirá o tránsito de persoas polo Casco Histórico con motivo da visita do Papa Bieito XVI. Así o quixo resaltar a concelleira de Seguridade Cidadá e Circulación Viaria, Marta Álvarez-Santullano, na presentación á prensa dos folleto que se está a distribuír co plan de mobilidade e seguridade e coas recomendacións para esta data histórica do sábado 6 de novembro.

Ler máis
Compartir: