CONSORCIO

O Consorcio inicia os traballos para eliminar humidades no convento do Carme

08/10/2010

O Consorcio de Santiago, no marco das súas políticas de recuperación do patrimonio histórico da cidade, comezou esta os traballos de erradicación de humidades no convento do Carme. O estado no que se atopaba a cuberta da igrexa e dalgunhas partes das dependencias monacais, así como algúns tramos de escaleiras de acceso ao baixo cuberta e campanario, obrigaron a acometer un estudo previo para poñer en marcha as obras necesarias para atallar o problema.

Ler máis

REHABILITACIÓN

En marcha as primeiras obras da ARI do barrio de Vista Alegre

08/10/2010

A veciñanza do barrio de Vista Alegre puido hoxe transmitirlle directamente á concelleira de Rehabilitación, Olga Pedreira, os seus pareceres e opinións sobre como están a transcorrer as primeiras obras da ARI do polígono de Vista Alegre. A edil achegouse ata o número 6 da rúa Santa Uxía de Ribeira para coñecer de primeira man como están a transcorrer estes traballos. Neste portal están xa en marcha as obras para a instalación dun aparello elevador e de rehabilitación de toda a fachada.

Ler máis

EMPREGO

A segunda xornada da Feira do Emprego centrouse nas entrevistas de traballo, no autoemprego e na busca por internet

08/10/2010

Finalizou a segunda xornada da I Feira do Emprego de Santiago de Compostela, organizada pola concellaría de Promoción Económica, Emprego, Comercio e Turismo. Impartíronse dúas conferencias, dous obradoiros, un seminario, e a presentación dun estudo, ás que asistiron 660 oíntes. Centráronse en tres temas: como afrontar con éxito unha entrevista de traballo, como buscar traballo a través de internet e o autoemprego.

Ler máis
Compartir: