SEGURIDADE CIDADÁ

O Concello informa a comerciantes, hostaleiros e veciños das medidas de seguridade con motivo da visita do Papa

07/10/2010

O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, e a concelleira de Circulación Viaria e Seguridade Cidadá, Marta Álvarez-Santullano, mantiveron unha reunión con representantes dos comerciantes, hostaleiros e veciños da cidade. Na mesma informóuselles das diversas medidas operativas e de seguridade que se tomarán na zona histórica con motivo da visita do Papa o 6 de novembro e que afectarán a cuestións como o estacionamento, a carga e descarga, os accesos ou as consignas.

Ler máis

ALCALDÍA

Máis de mil de persoas asisten á Feira de Emprego de Compostela

07/10/2010

Un total de 1.175 persoas asistira, ata a unha da tarde, á I Feira do Emprego de Santiago de Compostela, a primeira destas características que se celebra en Galicia, organizada pola concellaría de Promoción Económica, Emprego, Comercio e Turismo. Ao longo da mañá realizáronse 157 entrevistas de traballo, en 12 salas habilitadas ao efecto, e impartíronse cinco conferencias, repartidas no salón de actos e en dúas aulas.

Ler máis
Compartir: