CULTURA

A Concellaría de Cultura convoca un concurso para a elaboración do cartel da vindeira edición de Curtocircuíto

27/10/2010

A Concellaría de Cultura e Centros Socioculturais organiza un concurso para a realización do cartel da VIII edición de Curtocircuíto, Festival internacional de Curtametraxes de Santiago de Compostela. O concurso ten como fin estimular a creatividade dos artistas participantes e fomentar a difusión do festival, que terá lugar en do 7 ao 15 de maio do 2011.

Ler máis

EMPREGO

Máis de 400 persoas participaron nos cursos desenvolvidos por Promoción Económica e Emprego no que vai de ano

27/10/2010

443 persoas beneficiáronse ou estanse beneficiando das 18 accións formativas gratuítas desenvolvidas pola Concellaría de Promoción Económica, Emprego, Comercio e Turismo no que vai de ano. Son en total seis obradoiros e doce cursos (dos que se están impartindo cinco), que suman en total 5.255 horas lectivas. A maioría están destinados a persoas desempregadas, pero tamén se programaron cursos para persoas ocupadas e para emprendedoras/es.

Ler máis

CENTROS SOCIOCULTURAIS

Obradoiros para formar espectadores de teatro

27/10/2010

A Concellaría de Cultura e Centros Socioculturais continúa cos Obradoiros do Espectador, unha proposta do Grupo Chévere, compañía residente da Sala Nasa, e da Rede Municipal de Centros Socioculturais, que xa obtivo na anterior semana un notable éxito de participación arredor de Citizen (primeira parte). Trátase dun espazo didáctico onde, a través de profesionais, pódese coñecer diferentes propostas de arte escénica e facer unha inmersión en cada unha das obras programadas mensualmente...

Ler máis
Compartir: