MEDIO AMBIENTE
O Concello promoverá a autocompostaxe
A Concellería de Medio Ambiente distribuirá 75 composteiros e asesoramento técnico ás persoas que desexen facer compost nas súas casas, sempre que teñan horta ou xardín.
TURISMO
Air Berlin conecta Santiago con Palma de Mallorca diariamente
A compañía aérea, que presentou en Santiago a nova tempada de voos, estima chegar aos 65.000 pasaxeiros con este voo na capital galega.
MEDIO AMBIENTE
O concello outorga 1.269 euros para plantacións forestais
Aínda que a partida total da que dispoñía o Concello para as axudas forestais era de 12.000 euros, só houbo dúas solicitudes.
REHABILITACIÓN E CASCO HISTÓRICO
Aprobado o proxecto de acondicionamento da praza de Cervantes
Os arquitectos Javier Franco e Vicente Pintos foron os encargados da redacción do proxecto básico de acondicionamento da praza de Cervantes e o seu contorno, por unha cantidade 7.700 euros, que a Xunta de Goberno Local vén de aprobar.
ALCALDÍA
Convenio con Retevisión para solucionar os problemas de recepción nalgunhas partes da cidade
Perto de 7.000 composteláns serán beneficiarios directos e máis de 20.000 serán beneficiarios potenciais das melloras e da extensión da cobertura do servizo da rede de televisión no municipio de Compostela, gracias ao convenio de colaboración asinado o martes 8 de novembro, polo alcalde de Santiago de Compostela, Xosé A. Sánchez Bugallo, e o director xeral de Retevisión, Tobías Martínez.
RELACIÓNS VECIÑAIS
As asociacións veciñais elixen os seus representantes para o Consello de Relacións Veciñais
A votación comezará o martes 8 de novembro ás 18.00 horas, logo da constitución media hora antes da mesa electoral. O proceso pecharase ás 22:00 h para proceder ao reconto e proclamación provisional dos resultados.
TRANSPORTES
Aprobadas as novas tarifas do transporte urbano para o 2006
O Consello de Administración de Tussa acordou o pasado 27 de outubro a modificación das tarifas do transporte urbano para o vindeiro ano. Así mesmo, a Xunta de Goberno Local aprobou o martes 8 a modificación destas tarifas.