ALCALDÍA
A agrupación folclórica Colexiata do Sar conmemora o seu 25 aniversario
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, acudiu ao espectáculo que a agrupación folclórica deu o domingo 20 de novembro no Auditorio de Galicia.
TURISMO
Unha produción de Curtocircuíto recibe dous premios no Festival de Ourense
O Festival de Cine de Ourense, que concluíu o pasado sábado, recoñeceu co seu premio do Eixo Atlántico á curtametraxe ‘Te quiero mal’ de Mireia Giró, producida en Santiago tras gañar o ‘Proxecto Compostela Plató’ na pasada edición do festival compostelán Curtocircuíto.
CULTURA
O guitarrista lucense Telmo Fernández actúa no Auditorio
O Compos Jazz Festival 2005 continúa as súas sesións coa actuación de Telmo Fernández, acompañado por Dani Domínguez na batería, Albert Sanz no piano e David González no contrabaixo o martes 22 de novembro. As entradas: poñeranse á venda o día 21 de novembro e o mesmo día do concerto no despacho de billetes do Auditorio de Galicia de 12 a 14 e de 17 a 20 horas. Ambos días e en idéntico horario funcionará o servizo de venda telefónica nos teléfonos 981 571 026 e 981 573...