AUDITORIO DE GALICIA
O alcalde e o xerente do Consorcio asistirán ao concerto da Real Filharmonía en Bilbao
A formación musical foi invitada pola ABAO (Asociación Bilbaína de Amigos da Ópera) para interpretar o Don Giovanni de Mozart no Palacio de Congresos e da Música Euskalduna.
EIXO ATLÁNTICO
O Goberno portugués mantén o seu compromiso co AVE Porto-Vigo
O ministro das Obras Públicas, Transportes e Comunicacións, Mario Lino Soares Correia, e a secretaria de Estado dos Transportes, Ana Paula Vitorino, ratificaron publicamente en Lisboa o xoves 17 de novembro, que o Goberno de Portugal manterá o plan de liñas prioritarias de alta velocidade que foi aprobado no cumio ibérico de Figueira da Foz e ratificado no cumio de Santiago de Compostela, e que inclúe o tramo Porto-Vigo. As declaracións foron realizadas tras a reunión mantida durante dúas horas por ambos políticos cos...
TURISMO
Roma, Xerusalén e Santiago celebran a primeira reunión para a súa integración turística
Santiago de Compostela acollerá o próximo 13 de decembro a primeira xuntanza dos responsábeis turísticos das tres cidades santas da Cristiandade, que formalizarán un proxecto para a súa promoción turística conxunta.
ALCALDÍA
Os terreos do Ministerio de Defensa en Bando será titularidade do Concello
O alcalde de Santiago de Compostela, Xosé A. Sánchez Bugallo, mantivo durante a mañá do venres 18 de novembro, unha xuntanza co Secretario do Estado de Defensa, Francisco Pardo Piqueras; o xerente de Infraestrutura e Equipamento da Defensa, Julián Sánchez Pingaron; e o director xeral de Infraestrutura, Juan Mesquida Ferrando.