CULTURA

"O Barbeiro de Sevilla", o Ciclo de Lied, o Encontro de Peregrinos Musicais e varias citas teatrais, na axenda de setembro

31/08/2011

O concelleiro de Cultura, Ángel Currás, presentou a programación cultural para o mes de setembro acompañado da directora en funcións do Auditorio de Galicia, Silvia Modia. Currás destacou o comezo da temporada de abono coa ópera O Barbeiro de Sevilla; o Encontro de Peregrinos Musicais; o Ciclo de Lied e a exposición sobre Francisco Asorey na Fundación Gonzalo Torrente Ballester. Citou tamén os concertos da Banda de Música, varias citas teatrais, a programación da Biblioteca Ánxel Casal e as...

Ler máis

XUNTA DE GOBERNO

O Concello de Santiago reducirá nun 30% os gastos do seu parque móbil

29/08/2011

O Goberno local vén de adoptar varias medidas que suporán un aforro do 30% nos gastos do parque móbil do Concello de Santiago. Así o anunciou a concelleira Paula Prado, quen deu conta da redución de gastos que se producirá en conceptos como mantemento, seguros ou no uso dos vehículos municipais.

Ler máis

CULTURA

Última xornada do Festival dos Abrazos con Bellón Maceiras Quinteto e Atempo Circ

26/08/2011

O Festival dos Abrazos chega ao seu fin tras 18 días nos que se celebraron 66 actividades de diferentes disciplinas A última xornada, o sábado 27, comezará ás 20:00 horas na praza de San Martiño Pinario cun concerto de Bellón Maceiras Quinteto que se chove será no Teatro Principal. E para pechar a edición deste ano do Festival, os cataláns Atempo Circ presentan o seu espectáculo Atempo, ás 22:30 horas, na praza da Quintana.

Ler máis

CULTURA

Das Kapital no Festival dos Abrazos

25/08/2011

O Festival dos Abrazos está chegando ao seu fin nesta edición de 2011. Na penúltima xornada, que será este venres 26, gozaremos dun concerto de Das Kapital. Os galegos ofrecerán a súa música electrónica a partir das 22:00 horas na Zona "C" de Bonaval e, se chove, no Centro Galego de Arte Contemporánea. O sábado día 27 celebrarase a última xornada do Festival cun concerto de Bellón Maceiras Quinteto e o espectáculo circense Atempo Circ.

Ler máis

ALCALDÍA

Conde Roa destaca a proxección cultural que suporía para Santiago ser sede do Womex

24/08/2011

Os organizadores do Womex (World Music Expo) están estes días en Santiago para coñecer a cidade, que opta a organizar esta feira –a máis importante no ámbito das músicas do mundo- a partir do ano 2014. Un día despois de visitar a Cidade da Cultura, que podería ser un dos espazos centrais da feira, os representantes da mesma foron recibidos en Raxoi polo alcalde compostelán, Xerardo Conde Roa.

Ler máis

CULTURA

DJ e proxeccións en Curtocircuíto na Rúa e danza tradicional no Festival dos Abrazos

24/08/2011

O Festival dos Abrazos está celebrando as súas últimas xornadas. Así, xoves 25, os galegos Ultreia ofrecen a súa danza tradicional a partir das 20:00 horas na praza do Toural (se chove será no Teatro Principal) e en Praterías teremos o último Curtocircuíto na Rúa desta edición dos Abrazos: ás 21:15 horas co DJ Amn3m3sis e a partir das 22:30 h proxeccións de Volta ao mundo (se chove, estas dúas actividades trasládanse á Praza de Abastos).

Ler máis

MEDIO RURAL

A Concellería de Medio Rural acomete de maneira urxente a primeira fase de limpeza das cunetas en parroquias e barrios

23/08/2011

A Concellería de Medio Rural procedeu xa e de maneira urxente á primeira fase de desbroce das cunetas das pistas asfaltadas das parroquias e barrios composteláns. As beneficiadas inicialmente foron as parroquias de Figueiras, Grixoa, Marrozos, Cesar, Laraño e Aríns, así coma o barrio de Sar. Estes traballos estenderanse a partir deste mesmo martes a San Paio e ás parroquias da Peregrina, Santa Cristina de Fecha e A Gracia, ademais dos barrios de Conxo, Vite, Guadalupe e Meixonfrío.

Ler máis

ALCALDÍA

Compromiso de colaboración entre o Concello de Santiago e a USC

23/08/2011

O alcalde compostelán, Xerardo Conde Roa, reuniuse co reitor da Universidade de Santiago, Juan Casares Long, na que foi a primeira visita institucional deste ao Concello dende a toma de posesión da nova Corporación. Alcalde e reitor repasaron algúns dos temas que afectan ao presente e futuro da institución académica.

Ler máis

CULTURA

Cabaré-teatro, cinema e o último concerto do Feito a Man na xornada do mércores 24

23/08/2011

Na xornada do mércores 24, Gayo-Pinheiro presentan Área de descanso na praza da Oliveira a partir das 20:00 horas (se chove será no Teatro principal) e, ás 22:00 horas, poderemos ver na ruela de Xerusalén Camino a Nahr Al Bared de AMAL. Ademais, Feito a Man chega ao seu fin con Noites en Cervantes: Sons da Cidade Vella, no que poderemos ver, ás 21:00 horas, a Lobalú+Aline Frazão trío+Aquarela do Brasil.

Ler máis
Compartir: