TURISMO

Promoción turística do Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade en Reino Unido

03/10/2019

O Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade arrincou a súa nova campaña de promoción internacional en Reino Unido con dúas presentacións ante axentes de viaxes, operadores turísticos e medios de comunicación de Glasgow e Manchester. Estas dúas accións, en colaboración con Madrid Destino, promocionan a oferta patrimonial, cultural e deportiva das 15 cidades españolas cuxos centros históricos foron recoñecidos pola UNESCO como Patrimonio da Humanidade: Alcalá de Henares, Ávila, Baeza,...

Ler máis

ALCALDÍA

O alcalde destaca a importancia do Camiño na construción de Europa

03/10/2019

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, participou este xoves no acto de apertura da Asemblea Plenaria do Consello de Conferencias Episcopais de Europa, que se celebra ata o 6 de outubro en Compostela baixo o lema "Europa, hora de espertar? Os signos da esperanza". Na súa intervención, o rexedor destacou a importancia do Camiño de Santiago na construción de Europa. Lembrou as visitas dos Papas Xoán Paulo II e Benedito XVI a Compostela e sinalou que espera que se repitan nun futuro na persoa do Papa Francisco.

Ler máis

DEPORTES

Compostela acolle este domingo a XVIII edición da Camiñada ao Pedroso

02/10/2019

A concelleira de Deportes, Esther Pedrosa, acompañada do presidente da sección de montaña do Club Deportivo Fontiñas, Iñaki Bilbao, e da coordinadora de Unicef Comité Galicia, Irene Marín, presentou este mércores a XVIII edición da Camiñada ao Pedroso, que se celebrara o vindeiro domingo, 6 de outubro, a partir das 10:00 horas. O diñeiro recadado irá para os programas de auga de Unicef.

Ler máis

IGUALDADE E MEDIO RURAL

Os obradoiros da risa chegan neste outono a 11 parroquias do rural

01/10/2019

Un novo ciclo de Obradoiros da risa dará comezo a vindeira semana nos centros socioculturais do rural. Desenvolveranse durante os meses de outubro e novembro en once parroquias de Compostela, creando un espazo de encontro e de diversión no que descubrir os beneficios da risa na saúde dende unha perspectiva de xénero. A participación é de balde.

Ler máis
Compartir: