EDUCACIÓN

Este mércores ponse en marcha o servizo de comedores escolares

09/09/2019

O Concello de Santiago de Compostela pon en marcha o mércores 11 de setembro de 2019 o servizo de comedores e madrugadores nos seguintes centros de ensino públicos: Apostólo Santiago, Quiroga Palacios, As Fontiñas, Roxos-Villestro, Vite, Mestre Rodríguez Xixirei (Lavacolla), Monte dos Postes, Raíña Fabiola e Ramón Cabanillas e, no caso do CEIP Arquitecto Casas Novoa, só o servizo de madrugadores.

Ler máis

ALCALDÍA

O alcalde recibiu unha delegación do Colexio Oficial de Químicos de Galicia

09/09/2019

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, recibiu este luns no Pazo de Raxoi unha delegación do Colexio Oficial de Químicos de Galicia (Colquiga), encabezada polo seu decano-presidente, Manuel Rodríguez Méndez. Este informou ao rexedor dos detalles do XXV Encontro Galego-Portugués de Química, ao que acudirá o Nobel Tomas Lindhal.

Ler máis

ALCALDÍA

O alcalde aposta pola procura de consensos políticos, institucionais e cidadáns para os grandes retos da cidade

06/09/2019

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, anunciou que o Goberno municipal xa comezou a traballar nas ordenanzas fiscais e nos orzamentos para 2020, coa previsión de "telos pechados en outubro". Agora, dixo, comeza unha etapa de "tramitación e negociación". Neste sentido, ten a intención de manter xuntanzas cos voceiros dos grupos municipais para "pulsar a marxe de colaboración".

Ler máis

ALCALDÍA

Encontro coa asociación Amigos da Cociña Galega

06/09/2019

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, reuniuse este venres con integrantes da asociación Amigos da Cociña Galega (Amicogal), que lle presentaron o evento Gastronosa, unha feira gastronómica que se celebrará na cidade o 28 de outubro e que servirá para celebrar o 43 aniversario da entidade.

Ler máis

CONSORCIO

A Escola de Altos Estudos Musicais realizará novas probas este mes para cubrir varias prazas do Curso Avanzado de Especialización Orquestral

06/09/2019

O Curso Avanzado de Especialización Orquestral impártese na Escola de Altos Estudos Musicais, en Santiago, e está recoñecido como título propio de posgrao pola Universidade de Santiago de Compostela. Diríxese a músicos/as instrumentistas con titulación superior que teñan como meta adquirir a formación e a experiencia necesarias para integrarse nunha orquestra profesional.

Ler máis

TURISMO

A AMCS presentará no último trimestre do ano un diagnóstico do trazado do Camiño para coñecer a súas deficiencias e emendalas con vistas ao ano 2021

06/09/2019

O concelleiro de Presidencia, Relacións Institucionais e Turismo, Sindo Guinarte, participou este venres na reunión da Xunta Directiva da Asociación de Municipios do Camiño de Santiago (AMCS), que aglutina a 99 localidades xacobeas. O presidente e alcalde de León, José Antonio Díez Díaz, presidiu a cita dos trece municipios que a compoñen na monumental Estación Internacional de Canfranc (Huesca).

Ler máis

VIVENDA

En marcha a convocatoria de axudas para actuacións nos ámbitos das ARI do Casco Histórico, Vista Alegre, Vite e Pontepedriña

05/09/2019

A concelleira de Urbanismo, Vivenda e Cidade Histórica, Mercedes Rosón, e o arquitecto responsable da Oficina de Rehabilitación e Vivenda, Javier Fernández, presentaron a convocatoria de axudas para a rehabilitación de edificios nas Áreas de Rehabilitación Integral do Concello: Casco Histórico, Vista Alegre, Pontepedriña e Vite. O prazo de solicitude estará aberto ata o 6 de outubro.

Ler máis

ALCALDÍA

Concello e Universidade afianzan a colaboración en materia investigadora

05/09/2019

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, visitou o Centro Singular de Investigación en Tecnoloxías Intelixentes, CiTIUS, co seu director científico, Senén Barro, co que falou da aplicación das tecnoloxías intelixentes en proxectos de interese para a cidade e, máis en concreto, de programas en marcha como o Smartiago ou o Trafair.

Ler máis
Compartir: