ALCALDÍA

O Concello e a Deputación asinan o convenio para a celebración da Supercopa

11/06/2018

A alcaldesa en funcións, María Rozas, e o presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, asinaron esta mañá na sede da institución provincial o convenio de colaboración para o cofinanciamento dos 242.000 euros que supón o patrocinio da Supercopa de Baloncesto. Esta competición disputarase en Compostela a finais do mes de setembro.

Ler máis

ACCIÓN CULTURAL

A II Semana do Libro de Compostela chega ao seu fin este domingo

09/06/2018

A décima e última xornada da SELIC 2018 vén cargadiña de música, mesas redondas, sesións de contos, premios e poesía. Ás 13:00 horas, aCentral Folque presenta en concerto dous libros-CD’s que afondan na música de tradición oral galega: Mulleres de Gargamala e Maruxa das Cortellas. O primeiro achégase á parroquia mondarizá de Gargamala para coñecer ás súas pandereteiras e cantadeiras, e lembrar o acervo sonoro dese lugar inzado de cantigas para o baile, o...

Ler máis

IGUALDADE

Compostela celebra a diversidade con actividades festivas e reivindicativas polo Orgullo 2018

08/06/2018

A praza 8 de Marzo e o Matadoiro acollerán, os días 22 e 23 de xuño, unha chea de actividades de carácter festivo e reivindicativo para celebrar o Orgullo 2018 "e lembrar que somos unha cidade diversa", segundo destacou na rolda de prensa de presentación o evento a concelleira de Igualdade, Marta Lois. A edila estivo acompañada de Xabier Caruncho, de Arelas; Daniela Ferrández, de AmiZando, e Xandre Garrido, de Avante.

Ler máis

XUNTA DE GOBERNO

Adxudicadas as obras de reurbanización de Castrón Douro e Patio de Madres

08/06/2018

A Xunta de Goberno adxudicou este venres o contrato das obras de reurbanización das rúas Castrón Douro e Patio de Madres, unha das actuacións incluídas no programa ReVive Santiago. A actuación custará 1,1 millóns de euros, procedentes de fondos europeos vinculados á EDUSI. Dela encargarase a empresa Alcomte Galicia.

Ler máis

CENTROS CÍVICOS

Segunda entrega este sábado de "Cousas de Conxo contadas polos de Conxo"

08/06/2018

Mañá sábado, 9 de xuño, celebrarase a segunda sesión de encontro "Cousas de Conxo contadas polos de Conxo". Unha nova oportunidade para coñecer de primeira man as historias que forman parte da identidade de Conxo, contadas polos seus veciños e veciñas de máis idade. A cita é ás 18:00 horas no Centro Sociocultural "Aurelio Aguirre" de Conxo.

Ler máis

DEPORTE

Santiago será sede da Supercopa Endesa 2018

08/06/2018

O vindeiro xoves 14 de xuño asinarase o acordo para a celebración da Supercopa Endesa 2018 en Santiago de Compostela. Monbus Obradoiro (anfitrión), FC Barcelona Lassa (campión da Copa do Rei), Real Madrid (campión da Euroliga) e Kirolbet Baskonia (clasificado a través da Liga Endesa) competirán polo título no torneo inaugural da próxima temporada 2018-19

Ler máis
Compartir: