ALCALDÍA

Un estudo analizará as consecuencias para o rural da modificación da Lei do Solo

09/04/2010

No prazo dun mes, o Concello procederá a realizar un estudo que analizará as consecuencias que para o rural terá a entrada en vigor o 21 de abril da modificación da Lei do Solo. As principais consecuencias virán derivadas da nova posibilidade de segregar as parcelas e da esixencia de un terzo de vivendas construídas para a consolidación do núcleo rural como tal, segundo avanzou o alcalde, Xosé A. Sánchez Bugallo.

Ler máis

ALCALDÍA

O proxecto Santiago-Une leva a Córdoba a unha delegación compostelá

09/04/2010

O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, acompañado de varios concelleiros e de representantes da Universidade de Santiago e da Cámara de Comercio, estará en Córdoba os días 12 e 13 de abril, para continuar co plan de difusión exterior da cidade no marco do Programa Santiago-Une. A visita servirá tamén para ratificar o irmandamento de Compostela coa cidade andaluza.

Ler máis

CENTROS SOCIOCULTURAIS

Outra edición do Obradoiro do Espectador achega o público á escena contemporánea

09/04/2010

A Concellería de Cultura e Centros Socioculturais e a compañía Chévere, residente na Sala Nasa, desenvolverán nos meses de abril, maio e xuño a cuarta edición do Obradoiro do Espectador. Trátase dunha actividade que ten por obxectivo achegar o público ás artes escénicas contemporáneas, proporcionándolles aos espectadores coñecementos para unha maior comprensión e diversión. A Concellería impulsa unha nova edición despois do éxito das tres anteriores.

Ler máis

PROMOCIÓN ECONÓMICA

Os seis proxectos premiados no Concurso de Novas Ideas Empresariais xa están constituídos como empresas

08/04/2010

O concelleiro de Promoción Económica, Emprego, Comercio e Turismo, Xosé Manuel Iglesias, entregou na tenda de música O pazo das musas unha figura de Sargadelos aos promotores de cinco dos seis proxectos empresariais premiados no Concurso de Novas Ideas Empresariais Compostela Activa 2009: Itíneris Consulting, Cultureka, Abastos 2.0, O pazo das musas e VFX Factory. Queda pendente Mama Egue, xa que o seu promotor non puido asistir por atoparse de viaxe.

Ler máis

TRANSPORTES

Os usuarios do transporte urbano, satisfeitos co funcionamento do servizo

08/04/2010

Os usuarios do transporte urbano de Santiago están satisfeitos co resultado que se lles presta. Así se desprende da enquisa encargada pola Sociedade Municipal de Xestión do Transporte Urbano (TUSSA), que supuxo a realización de 801 entrevistas. O perfil de usuario máis habitual é o dunha muller traballadora de entre 35 e 44 anos.

Ler máis

TURISMO

Turismo de Santiago colabora con Artefacto na promoción de "O Apóstolo"

08/04/2010

O concelleiro de Promoción Económica e Turismo, Xosé Manuel Iglesias, e a produtora executiva de O Apóstolo, Isabel Rey, presentaron a colaboración de Turismo de Santiago coa empresa compostelá Artefacto Producciones para a promoción da película, que é a primeira feita en Europa coa técnica de animación stop motion. Estiveron acompañados da presidenta da Asociación de Amigos do Camiño de Santiago de Valencia, Mari Ángeles Fernández, quen colaborou na elaboración dun...

Ler máis

MEDIO AMBIENTE

Constitúese o Comité Directivo do proxecto medioambiental europeo ParkAtlantic

08/04/2010

Quedou constituído en Santiago o Comité Directivo do Proxecto Parques Urbanos Atlánticos-ParkAtlantic, proxecto no que ademais de Compostela participan as cidades do Porto, Angers, Limerick e Pau. A concelleira do Medio Ambiente de Santiago, Elvira Cienfuegos, exerceu de anfitrioa desta primeira xuntanza e na mesma estiveron representadas todas as outras cidades coa excepción do Porto, que non puido asistir por imprevistos de última hora.

Ler máis
Compartir: