PROMOCIÓN ECONÓMICA

O proxecto Play Nature World gaña o Startup Weekend Galicia

07/06/2010

O proxecto Play Nature World, sobre un xogo interactivo (en tempo real) de realidade aumentada conectado a redes sociais, é o gañador do Startup Weekend Galicia. Neste evento celebrado o fin de semana, colaborou a Concellaría de Promoción Económica, Emprego, Comercio e Turismo, a través do programa de fomento do emprendemento Compostela Activa 2010. Baseado no networking e no traballo en equipo, reuniu a 50 persoas con talentos diversos, co obxectivo de, a través dunha idea, crear unha empresa en tan só 48 horas.

Ler máis

MERCADOS E FESTAS

Os composteláns saíron á rúa para a coroación do pequeno rei de Galicia

05/06/2010

As rúas e prazas da Cidade Histórica acolleron a representación medieval da coroación do neno Alfonso Raimúndez como rei de Galicia. Máis de 200 persoas, entre actores e extras participaron nesta representación histórica, no marco da III Feira Medieval. Numerosos composteláns presenciaron o espectáculo.

Ler máis

ALCALDÍA

Sánchez Bugallo: "A novidade dos orzamentos deste ano será onde se poden aforrar outros dous millóns de euros"

04/06/2010

O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, indicou que nos orzamentos de 2010, que se presentarán, tal como se anunciar, no Pleno deste mes de xuño, "a única novidade é onde se poden aforrar dous millóns de euros máis". "Non esperen outras novidades", indicoulles aos xornalistas, recordando que o capítulo de gastos, incluído o corrente e os investimentos, xa se coñecían.

Ler máis

MERCADOS E FESTAS

Máis de 200 persoas participarán na recreación medieval da coroación de Alfonso Raimúndez como rei de Galicia

04/06/2010

O Concello compostelán anima a todos os cidadáns a unirse á comitiva que mañá sábado, a partir das 19:00 horas, recreará polas rúas e prazas do Casco Histórico a cerimonia de coroación de Alfonso Raimúndez como rei de Galicia. Máis de 200 persoas, entre actores e extras participarán nesta representación histórica, no marco da III Feira Medieval, aberta ata o domingo. O evento foi inaugurado polo alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo.

Ler máis

TURISMO

Santiago de Compostela acolle a estrea da exposición "El viaje polar"

03/06/2010

Mostrar os efectos do quentamento global sobre os Polos, a súa inmensa beleza, a fauna que o habita e o importante papel que desempeña no equilibrio do Planeta. Estes son os obxectivos cos que foi concibido El viaje polar, cuxa exposición iniciará en Santiago un ciclo que o levará a diferentes cidades españolas durante 2010 e 2011.

Ler máis
Compartir: