CULTURA

O VIII Foro Academia Aberta afondará na necesidade de potenciar a creatividade en tempos de crise

11/11/2010

A Academia Galega do Audiovisual presentou o Foro Academia Aberta Creatividade na crise. Adaptarse ou desaparecer, que se desenvolverá no marco do Festival Cineuropa 2010. Nesta oitava edición, o Foro afondará no problema da crise económica estrutural e en como potenciar as dificultades para convertelas en oportunidades de éxito apoiándose, sobre todo, na creatividade e na innovación. O evento, que está coordinado polo Académico Manolo González, terá lugar dende o 16 ao 18 de novembro na sede da...

Ler máis

CULTURA

Berrogüetto inaugura a nova temporada do ciclo Sons da Diversidade

10/11/2010

A concelleira de Cultura e Centros Socioculturais, Socorro García Conde, presentou o concerto de Berrogüetto que inaugura a nova temporada de Sons da Diversidade, o ciclo de músicas do mundo que bota a andar todos os outonos dende 2004. Será o peche de xira de presentación do seu novo disco, Kosmogonías, que presentaron en rolda de prensa tres dos músicos do grupo: Quim Farinha, Guillerme Fernández e Santiago Cribeiro.

Ler máis

REHABILITACIÓN

"Compostela Conta 2010" achega a arqueoloxía aos veciños da Cidade Histórica

09/11/2010

Compostela Conta chega á súa segunda edición para voltar incidir na importancia de coñecérmonos a historia e o patrimonio histórico de Santiago de Compostela. A concelleira da Cidade Histórica e Rehabilitación, Olga Pedreira, presentou a edición deste ano dun programa que desta volta centrarase na "posta en valor do traballo que se fai diariamente dende o servizo de arqueoloxía municipal, uns labores que permiten verter luz sobre moitos períodos históricos da cidade e que nos axudan a...

Ler máis
Compartir: