MEDIO RURAL
Rematadas as obras de reforzo do firme en Aríns, Eixo de Arriba e Marrozos
Os concelleiro Luís Meijide e Jose María Rosende, encargados do seguimento do rural, visitaron tres das obras executadas no marco do Plan de Obras e Servizos da Deputación da Coruña (POS 2012) e xa rematadas. En concreto, comprobaron a correcta realización das obras de reforzo do firme en Aríns, Eixo de Arriba-Pereiras e Corexo (Marrozos).
CENTROS SOCIOCULTURAIS
A actividade de baile funky de "Vive o verán" trasládase ao parque da Constitución
Seguen as actividades do programa Vive o verán, da Concellería de Centros Socioculturais. Unha das novidades desta semana é o traslado ao parque da Constitución (ata agora facíase no parque de Bonaval) das sesións de baile funky. Esta actividade, que se realiza os mércores, de 19:30 a 21:00 horas, é de balde e non precisa inscrición.
CENTROS SOCIOCULTURAIS
O CSC de Vite acolle unha mostra pictórica sobre o Camiño de Santiago
O Centro Sociocultural José Saramago de Vite acolle dende o martes 16 ata o 31 de xullo a exposición Camiño de Santiago da Pintura, do pintor Francisco Pérez Alonso. O artista inaugurará a mostra ás 20:00 horas.
EDUCACIÓN
Publícase o listado de admitidos nos servizos de comedor e de madrugadores en nove centros escolares para o curso 2013-2014
A Concellería de Educación publicou o listado de admitidos nos servizos de comedores e de madrugadores en varios centros de educación infantil e primaria de Santiago de Compostela, xestionados polo Concello de Santiago. O proceso de formalización de matrícula do alumnado admitido farase no mes de setembro, unha vez que estea resolto o proceso administrativo de adxudicación do servizo.
CULTURA
Rosalía de Castro e a percusión protagonizan unha nova xornada do festival Via Stellae
Mercedes Hernández (soprano) e Fernando Reyes (tiorba e guitarra), homenaxearán no festival Via Stellae á poetisa Rosalía de Castro con motivo dos 150 anos da primeira edición de Cantares Gallegos. Será este martes 16 de xullo, ás 19:30 horas, no Paraninfo da Universidade (Facultade de Xeografía e Historia), con entrada de balde previa recollida de invitación no Teatro Principal. E dúas horas máis tarde, no Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC) concerto do Grupo Residente de.../em>
MOBILIDADE
Unha aplicación móbil permitirá estacionar sen ter que usar o parquímetro
O Concello de Santiago de Compostela, a través do Grupo Setex, lanza e-park, a nova aplicación móbil para o aparcamento. O concelleiro de Mobilidade, Luis Bello, presentou o proxecto en rolda de prensa, acompañado polo presidente de Setes, Jaime López de Aguilar. A aplicación entrará en funcionamento a partir da semana que vén.
ALCALDÍA
O alcalde e a conselleira de Facenda asinan o convenio para o financiamento do Estatuto de Capitalidade
A Xunta ratifica o compromiso de contribuír ao sostemento dos servizos derivados da súa condición de capital de Galicia e sede das súas institucións. A Administración autonómica achegará 2,3 millóns de euros ao Concello compostelán
FESTAS
Santiago colabora por segundo ano consecutivo coa Festa do Escalo
O evento, que foi presentado en rolda de prensa polo concelleiro de Festas, Francisco Noya, terá lugar o domingo 21 en Chaián.
ALCALDÍA
Concello e Xunta asinan o convenio que permitirá redactar un novo Plan especial de protección e revitalización da Cidade Histórica
O novo instrumento urbanístico suporá un investimento de mais de 450.000 euros, que serán aportados ao 50% polas dúas administracións. A complexidade do documento multiplícase ao tratarse da capital de Galicia e dun ámbito, a cidade histórica, declarado Patrimonio da Humanidade pola Unesco. O documento supón un reto e unha responsabilidade para ambas administracións, con competencias sobre a materia.
CENTROS SOCIOCULTURAIS
Sesión de astronomía dentro do programa Vive o verán
Hoxe venres 12 a actividade concéntrase no Csc da Trisca mentres que na sede da SGAE péchase o obradoiro de contos para rapaces.