TURISMO
Santiago confirma a súa consolidación turística no 2021, con récord de turistas nacionais
Os datos do Instituto Nacional de Estadística confirman a recuperación turística da capital galega, con case un millón de pernoctacións no Ano Santo 2021.
XUNTA DE GOBERNO
A Xunta de Goberno aproba a participación do Concello no Pos+2022 e distintas medidas para facer efectiva a peonalización de Mazarelos
A Xunta de Goberno Local aprobou hoxe distintas medidas para facer efectiva a peonalización da zona de Mazarelos. Tamén deu o visto bó á participación do Concello de Santiago no Plan Provincial de Cooperación ás obras e servizos de competencia municipal (Plan Único de concellos) Pos+2022 da Deputación Provincial da Coruña para o financiamento dos gastos sociais extraordinarios do exercicio 2022.
MEDIO AMBIENTE
O Concello lanza a iniciativa #1Cole1Bosque, dentro da campaña "Vota Carballo"
O Carballo de Conxo está a competir durante este mes de febreiro no certame Tree of the year para converterse na árbore europea de 2022. No marco desta campaña o Concello de Santiago está a realizar unha serie de iniciativas co obxectivo de pór en valor e incrementar os espazos naturais cos que xa conta a capital de Galicia. Nesta ocasión anima os colexios do municipio a sumarse á campaña e así poder contar cun bosque bautizado co nome do propio centro.
POLÍTICAS LINGÜÍSTICAS
Marta Abal destaca que a consolidación do galego nos medios de comunicación é fundamental para a súa supervivencia
A concelleira de Economía e Modernización da Administración Local, Marta Abal, participou hoxe no "Día dos medios en galego. Bota a lingua a pacer", organizado por AMEGA, a Asociación de Medios en Galego. Na súa intervención, Abal destacou que a consolidación do noso idioma nos medios de comunicación "é fundamental para a súa supervivencia".
ACCION CULTURAL
Mercedes Rosón aposta, na presentación do libro sobre o castelo da Rocha Forte, por seguir recuperando a memoria "dun elemento fundamental na historia compostelá"
A Concelleira de Acción Cultural, Mercedes Rosón asistiu hoxe á presentación do libro "Rocha Forte. A memoria recuperada dun castelo medieval". Na súa intervención sinalou que esta publicación "é un paso máis na recuperación da memoria do acontecido na Rocha Forte", un "elemento fundamental da historia compostelá".
ALCALDÍA
O Grupo de Cidades Patrimonio impulsa grandes eventos culturais e deportivos en 2022 como ‘A Noite do Patrimonio, o Circuíto de Carreiras e o Ciclo de Música de Cámara
O presidente da Comisión de Cultura e alcalde de Santiago de Compostela, Xosé Sánchez Bugallo, afirma que "2022 é o ano da recuperación turística e o Grupo vai celebrar grandes eventos culturais e deportivos nos centros históricos das 15 cidades". A quinta edición da Noite do Patrimonio celebrarase o 17 de setembro e a décima edición do Ciclo de Música de Cámara percorrerá de outubro a decembro distintos espazos patrimoniais. En 2022 retómase tamén o Circuíto de...
MEDIO RURAL
Abre ao tráfico a Ponte de Vidán despois das obras de reparación e consolidación
A Ponte de Vidán xa está aberta ao tráfico, tanto rodado coma peonil, dende a tarde de onte, unha vez rematadas as obras de reparación e consolidación. A liña de transporte urbano P2 recupera o seu itinerario habitual a partir de mañá, sábado 5.
ACCIÓN CULTURAL
A Banda Municipal ofrece un novo concerto baixo o título "Sinfonía de Culturas" dentro do ciclo "Rutas e Sinfonías"
O Auditorio de Galicia inaugura este domingo un ciclo de concertos dedicados ás sinfonías como expresión formal de gran eclecticismo e liberdade compositiva, con pezas de Kees Vlak, Percy Aldridge Grainger, Michele Mangani e Adam Gorb.
SEGURIDADE CIDADÁ E MOBILIDADE
A Policía Local súmase á campaña da DXT de vixilancia e control de camións e autobuses
O Concello de Santiago, a través da Policía Local, súmase un ano máis á campaña especial de vixilancia e control de camións e autobuses que leva a cabo a Dirección Xeral de Tráfico (DXT) entre o 7 e 13 de febreiro.
EDUCACIÓN
As Escolas Infantís Municipais acollen o XI ciclo de sesións didácticas "Quen é quen: os instrumentos que viven na Escola Municipal de Música"
O Departamento de Educación do Concello de Santiago, a través da Escola Municipal de Música, pon en marcha por undécimo ano consecutivo, un novo ciclo de sesións didácticas co obxectivo de promover o achegamento da música aos máis pequenos e pequenas da rede de escolas infantís do Concello.