URBANISMO

EMUVISSA convocará un concurso de alleamento dunha parcela en Pontepedriña e doutras dúas na Muíña

13/10/2010

O consello de administración de EMUVISSA acordou convocar un concurso de alleamento de tres parcelas: unha no polígono de Pontepedriña e dúas no da Muíña. As tres parcelas para o concurso supoñen 7.300 metros cadrados de solo, cunha edificabilidade residencial de 15.463 metros cadrados para 146 vivendas de protección, das cales 84 son de réxime especial, e 1.202 metros cadrados de solo comercial. Estas parcelas sairán a concurso de inmediato. O importe total do concurso é de 4.250.000 euros.

Ler máis

CULTURA

O Festival Amal ofrece 45 filmes e numerosas actividades paralelas

13/10/2010

A concelleira de Cultura e Centros Socioculturais, Socorro García Conde, participou na presentación do Festival Euro-Árabe de Cinema Amal, xunto co seu director, Ghaleb Jaber Martínez; o xerente do Xacobeo, Ignacio Santos; o director do Consorcio Audiovisual, Anxo Quintanilla; o director de AGADIC, Juan Carlos Fernández Fasero; e unha representante da TVG, Montse Besada. García Conde destacou que Compostela é unha cidade de "encontro, comunicación e diálogo entre diferentes culturas" e o Festival Amal e os seus...

Ler máis

CONSORCIO

O Consorcio inicia os traballos para eliminar humidades no convento do Carme

08/10/2010

O Consorcio de Santiago, no marco das súas políticas de recuperación do patrimonio histórico da cidade, comezou esta os traballos de erradicación de humidades no convento do Carme. O estado no que se atopaba a cuberta da igrexa e dalgunhas partes das dependencias monacais, así como algúns tramos de escaleiras de acceso ao baixo cuberta e campanario, obrigaron a acometer un estudo previo para poñer en marcha as obras necesarias para atallar o problema.

Ler máis

REHABILITACIÓN

En marcha as primeiras obras da ARI do barrio de Vista Alegre

08/10/2010

A veciñanza do barrio de Vista Alegre puido hoxe transmitirlle directamente á concelleira de Rehabilitación, Olga Pedreira, os seus pareceres e opinións sobre como están a transcorrer as primeiras obras da ARI do polígono de Vista Alegre. A edil achegouse ata o número 6 da rúa Santa Uxía de Ribeira para coñecer de primeira man como están a transcorrer estes traballos. Neste portal están xa en marcha as obras para a instalación dun aparello elevador e de rehabilitación de toda a fachada.

Ler máis

EMPREGO

A segunda xornada da Feira do Emprego centrouse nas entrevistas de traballo, no autoemprego e na busca por internet

08/10/2010

Finalizou a segunda xornada da I Feira do Emprego de Santiago de Compostela, organizada pola concellaría de Promoción Económica, Emprego, Comercio e Turismo. Impartíronse dúas conferencias, dous obradoiros, un seminario, e a presentación dun estudo, ás que asistiron 660 oíntes. Centráronse en tres temas: como afrontar con éxito unha entrevista de traballo, como buscar traballo a través de internet e o autoemprego.

Ler máis
Compartir: