TRÁFICO
Listo para a súa activación o operativo preventivo de inverno ante xeadas e nevadas
O xoves 14 de novembro quedou preparado para a súa activación o operativo de inverno para facer fronte a situacións de xeadas ou nevadas nas estradas, rúas e beirarrúas da cidade. Segundo explicou o concelleiro de Mobilidade e Seguridade Cidadá, Luis Bello, a intención é "prever situacións de emerxencia e actuar en canto teñamos a información da inclemencia meteorolóxica, realizando os traballos de esparexemento de sal". Unha temporada máis, establécense tres niveis de alerta.
DEPORTES
O Concello reparte 180.000 euros entre 51 entidades deportivas federadas
O concelleiro de Deportes, Adrián Varela, deu conta da resolución da convocatoria de subvencións ás entidades deportivas federadas do municipio. En total, repartíronse 180.000 euros entre 51 entidades.
XUNTA DE GOBERNO
Aprobado o proxecto da glorieta de conexión da rúa Domingo García-Sabell con Galeras
A Xunta de Goberno, na súa sesión ordinaria, aprobou o proxecto para a modificación de veiros e reforma de accesos ao estacionamento nas rúas Galeras e Domingo García-Sabell. Tamén se adxudicaron as obras na costa de San Clemente e na rúa Raxoi.
TURISMO
O certame gastronómico Santiago(é)Tapas xa leva servidos máis de 22.000 petiscos
O Santiago(é)Tapas, certame organizado pos Hostalería Compostela coa colaboración institucional de Turismo de Santiago, segue a merecer parabéns entre os comensais e os locais participantes e xa superou a cifra de 22.000 petiscos nos 66 establecementos participantes.
TURISMO
Santiago promociónase como destino de congresos na EIBTM de Barcelona
Turismo de Santiago, a través do Santiago de Compostela Convention Bureau (SCCB), participa estes días na EIBTM de Barcelona, a segunda feira máis importante de Europa do sector de congresos, xornadas e incentivos, despois do IMEX de Frankfurt, que se celebrou entre o 21 e o 23 de maio e no que tamén participou o Convention Bureau.
CULTURA
The Gift ofrece un concerto dentro dos ciclos Compostela Rock e Cineuropa Concerto
The Gift, un dos grandes triunfadores do 2012, onde ofreceu un inesquecible concerto nun abarrotado Teatro Principal, regresa a Santiago este venres 22 para repasar os seus grandes éxitos nun concerto especial e festivo na Sala Capitol. O concerto presentárono en rolda de prensa o director-xerente do Auditorio de Galicia, José Víctor Carou; e Nuno Gonçalves, compositor, produtor e fundador da banda.
CULTURA
Primeiro pase de "L’inconnu du lac" e "Les salauds" na xornada do venres en Cineuropa
Na xornada do venres 22 chegan a Cineuropa dous dos filmes destacados desta edición: L’inconnu du lac, de Alain Guiraudie, e Les salauds, de Claire Denis. Ademais, como cita destacada da xornada tamén teremos o último pase da premiada La grande bellezza, de Paolo Sorrentino que encabeza neste momento, cun 8,15, o ranking de votación do público do festival.
EDUCACIÓN
Os pequenos e pequenas das escolas infantís municipais celebraron o Día do Neno
A concelleira de Educación, María Castelao, asistiu aos actos con motivo da celebración do Día Internacional dos Dereitos do Neno celebrados na Escola Infantil de Fontiñas.
ALCALDÍA
Curtocircuíto estrea director, Pela del Álamo, e novas datas para a súa semana oficial
Do 9 ao 13 de decembro celebrarase a semana oficial da décima edición do Festival Internacional de Cutrametraxes Curtocircuíto. O certame estrea director, Pela del Álamo, quen foi recibido en Raxoi polo alcalde compostelán, Ángel Currás.
DEPORTES
O mellor do ciclocross galego reúnese un ano máis na Granxa do Xesto
O concelleiro de Deportes, Adrián Varela, presentou o XII Trofeo de Ciclocross Cidade de Santiago, que se celebrara o domingo 24 de novembro, a partir das 10:30 horas, no entorno da Granxa do Xesto, nas categorías elite, sub-19, master 30, 40 e 50, júnior, cadete, féminas e sénior. Esta é a única proba de categoría nacional nesta modalidade no calendario desta temporada en Galicia. A organización corre a cargo do Club Ciclista Muebles Compostela, coa colaboración do Concello de Santiago e da Federación Galega de...