EDUCACIÓN E CIDADANÍA

As agrupacións da Escola Municipal de Música ofreceron un concerto na praza das Praterías con motivo das Letras Galegas

20/05/2017

Este sábado celebrouse na praza das Praterías o concerto que, con motivo das Letras Galegas 2017, prepararon nos últimos meses varias agrupacións da Escola Municipal de Música: o Coro de Adultos, coa súa directora Simona Kantcheva; a Banda de Música, da que é director Óscar Fernández, e a Agrupación de Música Tradicional, co seu director, Pablo Pascual, á fronte. O concelleiro de Educación e Cidadanía, Manuel Dios, asistiu ao concerto.

Ler máis

ALCALDÍA

Novo "Encontro ao vivo" coa veciñanza da zona rural sur

19/05/2017

Este sábado 19 de maio, os "Encontros ao vivo" chegan ás parroquias do rural sur e os veciños e veciñas desa área poderán trasladar as súas queixas e inquedanzas ao alcalde de Santiago, Martiño Noriega, como ao resto do Goberno local. A cita é a partir das 11:30 horas no Centro Sociocultural de Villestro.

Ler máis

XUNTA DE GOBERNO

Adxudicados dous novos paquetes de obras de mellora da pavimentación nos viarios do rural

19/05/2017

A Xunta de Goberno adxudicou hoxe dous novos contratos de obras de mellora de pavimentación de viarios en varias parroquias do rural, que suporán un investimento total de case 200.000 euros. O alcalde, Martiño Noriega, explicou que se trata de actuacións "financiadas con cargo ás achegas da Deputación da Coruña, dentro do compromiso do Goberno de destinar á zona rural a totalidade desas partidas provinciais".

Ler máis

ACCIÓN CULTURAL

Luis Emilio Batallán e Os Amigos dos Músicos ofrecerán un concerto conxunto no Teatro Principal

19/05/2017

Nova entrega do ciclo Compostela Conversa, que busca fomentar a promoción do novo talento e a reflexión sobre a escena actual, dando voz aos artistas máis alá da actuación musical. Desta vez serán Luis Emilio Batallán e Os Amigos dos Músicos os que ofrecerán un concerto conxunto no Teatro Principal afondando na influencia do Maio dende 1975 ata hoxe. Será o domingo 21 ás 20:00 horas.

Ler máis

ACCIÓN CULTURAL

Raúl Bermúdez presenta "IlustraDots volume 2"

19/05/2017

IlustraDots participa na mostra Internacional de Ilustración Contemporánea (MiiC), que permanece aberta no Auditorio de Galicia ata o 25 de xuño. O colectivo presenta un mural que mostra o traballo de gran parte dos 100 artistas galegos que forman parte do proxecto.

Ler máis

ALCALDÍA

As festas da Ascensión protagonizan o cupón da ONCE do 25 de maio

19/05/2017

O salón amarelo do Pazo de Raxoi acolleu esta mañá a presentación do cupón que a ONCE venderá o vindeiro xoves 25 de maio en todo o territorio do Estado. Na presentación estiveron o alcalde, Martiño Noriega; o delegado territorial da entidade, Manuel Martínez Pan, e o director da Axencia ONCE de Santiago, José Antonio Riveiro Canosa.

Ler máis

ALCALDÍA

Os "Labirintos líricos" das Cidades Patrimonio chegan á praza da Quintana

19/05/2017

Este venres quedou instalada, na praza da Quintana, a composición artística Labirintos líricos, promovida polo Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade e desenvolvida polo colectivo Boa Mistura. A peza foi presentada nun acto no que participaron o alcalde, Martiño Noriega, e o arquitecto responsable da instalación Pablo García, e ao que non puido asistir María do Cebreiro, autora do verso integrado na composición.

Ler máis
Compartir: