XUNTA DE GOBERNO

A Xunta de Goberno acorda ampliar o horario da ORA no contorno da Praza de Abastos

12/02/2016

A Xunta de Goberno aprobou hoxe un novo horario para a zona da ORA no contorno da Praza de Abastos, atendendo a unha solicitude da Sociedade Cooperativa do Mercado. A medida aféctalle á zona denominada "de réxime xeral de curta duración", en concreto na praza da Algalia de Abaixo, travesía da Universidade, praza Entrepraciñas, praza de Fonte Seca, praza da Universidade, praza de Mazarelos, arco de Mazarelos e Virxe da Cerca. Nestes ámbitos, o inicio da ORA adiántase dúas horas, quedando de 08:00 a 14:00 e de 16:30 a...

Ler máis

ACCIÓN CULTURAL

"Concerto a dúas bandas" no Auditorio

12/02/2016

A Banda Municipal de Música de Santiago, dirixida por Juan Miguel Romero, contará esta semana coa colaboración dos alumnos e alumnas do Conservatorio Profesional de Música e cun solista de excepción, Ximo Vicedo, trombón solista da orquestra da RTVE . A cita é este venres, ás 20:30 horas, no Auditorio de Galicia.

Ler máis

MEDIO RURAL E EQUILIBRIO TERRITORIAL

O Goberno local destinará á zona rural todos os fondos provinciais do POS 2016

11/02/2016

O concelleiro de Medio Rural e Equilibrio Territorial deu conta hoxe dos proxectos que o Concello presentou na Deputación da Coruña, para seren financiados con cargo ao Plan de Obras e Servizos 2016. Rafael Peña salientou que todos os fondos do POS irán destinados ás parroquias "para paliar problemas estruturais aos que non se lle estaba dando unha solución desde hai anos". En concreto, a achega provincial permitirá arranxar viarios de 17 das 28 parroquias de Compostela.

Ler máis
Compartir: