OBRAS E DEPORTES

Sabugueira, Munín e Cesar melloran as condicións dalgúns dos seus vieiros

04/08/2011

A concelleira de Medio Ambiente, Obras e Infraestruturas, María Castelao, visitou xunto con técnicos municipais e un representante da empresa que executou as obras en Lavacolla (Sabugueira), Munín (Laraño) e na parroquia de Cesar, nos que se acometeron tres obras de reforzo de firme financiadas pola Deputación da Coruña no marco do Plan de Obras e Servizos (POS 2010).

Ler máis

MEDIO AMBIENTE E CIDADE HISTÓRICA

O Concurso de Balcóns abrirase a toda a cidade na súa vindeira edición

04/08/2011

Un balcón situado na Fonte de Santo Antonio foi o gañador do III Concurso de Balcóns da Cidade Histórica "Flores na cidade". Este certame abrirase na súa seguinte edición a toda a cidade, segundo anunciou a concelleira de Medio Ambiente, María Castelao, na entrega de premios, na que tamén participou a concelleira de Cidade Histórica, María Pardo.

Ler máis

ALCALDÍA

O alcalde felicita a Córdoba pola elección como sede da Copa Davis e agradece o traballo da candidatura compostelá

03/08/2011

Minutos despois de coñecer a elección de Córdoba como sede da semifinal da Copa Davis, o alcalde compostelán, Xerardo Conde Roa felicitou á cidade andaluza, á súa Corporación e aos seus cidadáns. Do mesmo xeito agradeceu o "excelente traballo" realizado pola candidatura compostelá e manifestou que esta experiencia servirá de estímulo para futuras candidaturas de Santiago a organizar eventos deportivos internacionais.

Ler máis

MOBILIDADE

Un servizo específico de autobuses unirá o casco urbano coa Cidade da Cultura

02/08/2011

A Cidade da Cultura estará unida coa propia cidade de Santiago a través dun servizo específico de transporte urbano, que nace con cinco frecuencias diarias en cada dirección. Este servizo xorde ante o crecente interese por visitar o complexo do Gaias e, en consecuencia, pola demanda tanto de veciños como de visitantes por unha conexión deste tipo.

Ler máis

ALCALDÍA

O Plan de Rede do Metro Lixeiro de Santiago estará listo no mes de outubro

02/08/2011

O alcalde compostelán, Xerardo Conde Roa e o conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Agustín Hernández, mantiveron unha reunión en Raxoi, na que se analizaron as cuestións que o departamento autonómico ten en marcha na cidade de Santiago, coma o metro lixeiro, a variante de Aradas ou o saneamento e abastecemento, e outras nas que participa, como a conexión da Cidade da Cultura coa AP-9 ou a nova estación depuradora da Silvouta.

Ler máis
Compartir: