EDUCACIÓN E MOCIDADE
Continúa o ciclo de concertos didácticos de música tradicional
O mércores 8 de marzo retómase o programa de concertos didácticos de música tradicional que ten lugar nos propios centros escolares.
CENTROS SOCIOCULTURAIS
Olalla López presenta "Revelacións"
O Centro Sociocultural das Fontiñas acolle a exposición de acuarelas da compostelá Olalla Sánchez.
PROTECCIÓN CIVIL
Entrevista: Manolo Martínez, o rostro de Protección Civil
Manuel Martínez Ruíz, Manolo "Veciños" para moitos composteláns, recibe á o 4 de marzo, con motivo da festividade do Anxo da Garda, a medalla do Corpo da Policía Local de Santiago en ecoñecemento ao seu exemplar traballo como responsable operativo da agrupación de Protección Civil.
REHABILITACIÓN
As obras do Sar estarán rematadas antes do Nadal
A conselleira de Cultura e Deporte, Ánxela Bugallo, xunto ao alcalde compostelán e presidente do Consorcio, Xosé A. Sánchez Bugallo, visitaron o venres 3 de marzo as obras que está a realizar o Consorcio no barrio do Sar.
FACENDA
Aberto o prazo para o pagamento do imposto sobre vehiculos
Entre o 5 de marzo ao 5 de maio queda aberto o prazo para o pagamento do Imposto sobre vehículos de tracción mecánica. Co obxecto de faciliar aos cidadáns os trámites do pagamento o Concello lembra aos cidadáns a posibilidade de realizalo a través da web municipal.
CULTURA
A obra Historia de una vida chega ao Teatro Principal
O Teatro Principal acollerá, o sábado 4 e o domingo 5 ás 21.00 horas, a representación da obra "Historia de una vida" de Donald Margulies que será interpretada polas actrices Luísa Martín e Isabel Aboy.
CENTROS SOCIOCULTURAIS
Igor Pereda expón no centro sociocultural da Trisca a mostra "Toco Madera"
O Centro sociocultural da Trisca (rúa Corredoira das Fraguas, nº 92) abre o venres 3 de marzo a exposición "Toco Madera", de Igor Pereda que permanecerá ata o 31 de marzo neste centro.
MULLER
Un percorrido pola historia do movemento feminista
A exposición "Seneca Falls: Un século e medio de movemento internacional das mulleres e o sufraxio femenino en España" poderase visitar na sede da Fundación Eugenio Granell ata o venres 31 de marzo.
ALCALDÍA
Os Príncipes de Asturias inauguran en Compostela o V Congreso de Cooperativismo Agrario
"Compartindo Oportunidades" é o lema do V Congreso de Cooperativismo Agrario que foi inaugurado polos Príncipes de Asturias, o xoves 2 de marzo, e que se celebrará no Palacio de Congresos de Santiago, ata o venres 3.
EDUCACIÓN E MOCIDADE
Entran en funcionamento os locais de ensaio para grupos musicais
A concelleira de Educación e Mocidade, Elvira Cienfuegos López, o director xeral de Xuventude, Rubén Cela, participaron, xunto aos concelleiros Néstor Rego e Adelaida Negreita, no acto de inaugurarán os novos locais de ensaio para grupos de música que o Concello pon a disposición dos músicos no Estadio Municipal de San Lázaro.