CULTURA

O Auditorio comeza unha nova etapa da man de Xaquín López

20/06/2017

O novo director-xerente do Auditorio de Galicia avanzou hoxe a súa intención de mellorar as estratexias de relación do organismo, "apostando por un modelo máis relacional no que se teñan en conta as necesidades dos públicos e no que se garanta a accesibilidade de todos e todas á programación cultural". Foi no transcurso dun encontro cos medios de comunicación no que Xaquín López estivo arroupado polo alcalde.

Ler máis

EDUCACIÓN E CIDADANÍA

Programa Municipal de Conciliación de Verán 2017

20/06/2017

O Departamento de Educación e Cidadanía do Concello de Santiago realiza un programa de conciliación laboral e familiar no período das vacacións do verán 2017 (xuño-xullo e setembro). Este programa comprende un conxunto de actividades, a desenvolver en instalacións do CEIP das Fontiñas e do CEIP Raiña Fabiola, destinadas á poboación escolarizada en educación Infantil e Primaria do municipio de Santiago. Este programa concíbese como un espazo educativo, de promoción do ocio e o tempo de...

Ler máis

CONVIVENCIA

A Policía Local constata que moitos pais e nais utilizan incorrectamente os Sistemas de Retención Infantil

19/06/2017

A Policía Local controlou 243 menores na campaña de vixilancia do uso dos Sistemas de Retención Infantil, e o 30 por cento deles estábanos utilizando de xeito incorrecto. Os principais erros detectados foron os de nenos e nenas que levaban os arneses demasiado frouxos, ou aos que lles saía a cabeza por riba da cadeira. Tamén foron localizados catro menores sen utilizar ningún sistema de seguridade.

Ler máis

TURISMO

O Pico Sacro acolleu unha cerimonia enmarcada na tradición celta de celebración do solsticio de verán

18/06/2017

A Concelleira de Turismo de Santiago, Marta Lois, acompañada do Alcalde de Boqueixón, Manuel Fernández, participou na cerimonia de acendido do lume puro do sol, organizada pola Asociación do Castro da Fervenza de Callobre, do Concello de A Estrada, para recuperar o sentido da celebración pagá do solsticio de verán coa obtención do lume por medios naturais no Pico Sacro.

Ler máis
Compartir: