CONSORCIO
O Consorcio de Santiago celebra o Día das Letras Galegas coa entrega de publicacións a todas as persoas que visiten a Casa do Cabido este mércores
O Consorcio de Santiago conmemorará este Día das Letras Galegas, que este ano homenaxea a Francisco Fernández del Riego, coa entrega de balde de publicacións en galego coeditadas polo Consorcio a todas as persoas que visiten a Casa do Cabido na Praza de Praterías, este mércores 17 de maio.
ACCIÓN CULTURAL
A Banda Municipal de Música inicia o terceiro ciclo de "SonArte" dedicado á conexión con outras músicas
Baixo o título "Músicas Abertas" arranca o terceiro ciclo de Sonarte, que ofrecerá de aquí a xuño once concertos ao aire libre no que a música sinfónica se mesturará con outros estilos musicais como a ópera, o house, o jazz ou o folk. SonArte é o título da tempada 2022-2023 de concertos da Banda de Música Municipal de Santiago que arrancou o pasado mes de outubro e que se estenderá ata xullo deste ano 2023, no que se celebra 175 aniversario da súa fundación.
IGUALDADE
Minuto de silencio pola última vítima mortal de violencia machista
A praza do Obradoiro acolleu este mediodía un minuto de silencio pola muller asasinada o pasado 11 de abril na provincia das Palmas, vítima de violencia machista.
FESTAS
A praza da Quintana acollerá mañá o concerto "Los 40 Santiago Pop" que inaugura as Festas da Ascensión deste ano
As festas compostelás por excelencia arrancarán mañá co concerto de "Los 40 Santiago Pop" que reunirá na praza da Quintana a partir das 21:30 h, figuras do panorama musical actual como Marc Seguí, Zzoilo ou Miriam Rodríguez. A orquesta Panorama, Ana Moura ou Ortiga e Pili Pampín son outras das actuacións destacadas das Festas deste ano, así como a celebración da primeira edición do Composfest que reunirá o venres na Quintana artistas locais como Carlangas ou Ruxe Ruxe. O Recinto Feiral de Amio...
XUNTA DE GOBERNO
A Xunta de Goberno Local aproba a licitación do proxecto de mellora da zona da Pastoriza, que conta cun orzamento de 331.735 euros
A Xunta de Goberno local, reunida en sesión extraordinaria, aprobou o expediente das obras de mellora dos accesos á Almáciga no ámbito da Pastoriza. Con esta actuación, que conta cun orzamento base de licitación de 331.735,79 euros, recupérase para uso peonil unha rúa concebida para a circulación rodada. Complétase así a reurbanización da zona, onde xa se executaron os tramos de Santa Clara-Basquiños e Basquiños-Pastoriza, nos que se reduciu o ancho da calzada gañando espazo para o...
CONSORCIO
Aberta na Casa do Cabido a exposición 'Mirar a cidade. Unha visión poliédrica', do fotógrafo Fuco Reyes
A Casa do Cabido de Santiago acolle, desde esta semana, a exposición 'Mirar a cidade. Unha visión poliédrica' que recolle instantáneas tomadas polo fotógrafo santiagués Fuco Reyes. Poderá ser visitada de balde durante os próximos meses en horario de 10 a 14h e 17 a 21h de martes a sábado e 11 a 14 h os domingos.
ALCALDÍA
A carballeira de Conxo encheuse de festa na IV edición do Banquete
A Festa do Banquete de Conxo congregou un ano máis centos de composteláns e compostelás o venres 12, o sábado 13 e o día grande, o domingo 14, cando se conmemorou o orixinal banquete do 2 de marzo de 1856 cunha xornada festiva e alegre na carballeira de Conxo que durou dende a mañá ata ben pasada a tarde. Teatro, música, artesanía e moito máis encheron os tres días de festa. Ao evento asistiron o alcalde e membros da Corporación municipal.
FESTAS
A Festa do Banquete de Conxo celebra mañá o seu día grande con representacións teatrais, música e xantar popular
Mañá, domingo 14, será o día grande das festas cunha romaría popular na carballeira de Conxo, amenizada por distintas actuacións musicais. Toda a cidadanía está convidada a asistir aos desfiles e representacións teatrais do Banquete de Conxo e unirse á romaría popular traendo da casa a súa propia comida e bebida ou acudindo ás carpas das polbeiras que estarán instaladas na carballeira. Todas as persoas que o desexen poden vir vestidas para a ocasión ou alugar vestiario e complementos nun...
CIDADES PATRIMONIO
O Grupo de Cidades Patrimonio participa na feria ILTM especializada no sector do luxo de Latinoamérica
As 15 Cidades Patrimonio da Humanidade, entre as que se atopa Santiago de Compostela, promocionaron a súa oferta turística en Brasil, na feira ILTM Latin América, celebrado entre o 9 e o 12 de maio no pavillón da Bienal de Sao Paulo. A feira alcanza a súa XII edición e é a máis importante orientada ao mercado do luxo, con asistencia de axentes e operadores especializados no sector premium de Brasil e toda Latinoamérica.
FESTAS
Música, poesía e natureza na segunda xornada da Festa do Banquete de Conxo
As celebracións da IV edición da Festa do Banquete traerán mañá roteiros para achegarse ao noso patrimonio verde, un concerto dos coros e orfeóns de varios barrios e parroquias e a Festa de Poesía que contará coa participación musical de Amorodo, O Rabelo e Paulinha e das poetas Belén Senín, Sara Vilar e Noelia Gómez. O día grande das festas será o domingo 14 de maio, cunha romaría popular aberta a todo o mundo na que se farán diversas recreacións teatrais do Banquete de...