ALCALDÍA
Amplíase o espazo para a instalación de "foodtrucks" á zona da Carballeira do Banquete de Conxo durante a Festa
As persoas interesadas en instalar postos de foodtruck no espazo cedido polo Sergas na zona de aparcamento da rúa Ramón Baltar e na Carballeira do Banquete o vindeiro 22 de maio, co gallo da celebración da III Festa do Banquete de Conxo, poderán solicitar ata o 18 de maio as autorizacións correspondentes para a ocupación da vía pública. O espazos habilitados poderá acoller un máximo de vinte postos, que serán autorizados respectando a orde de presentación no rexistro.
EDUCACIÓN
A Escola Municipal de Música abre o prazo de preinscrición do novo alumnado para o curso 2022-2023
Finalizado o prazo de renovación de prazas para o alumnado actual, a Escola Municipal de Música vén de publicar os postos vacantes para o curso 2022-2023 e abrir os prazos de preinscrición para o novo alumnado, que poderán presentar a súa solicitude ata o 10 de xuño.
MOBILIDADE
O próximo 19 de maio terá lugar un simulacro de sinistro no túnel de Cornes-Hórreo
O Concello de Santiago en colaboración co Ministerio de Transportes, Movilidad y Agenda Urbana (MITMA) vai levar a cabo un simulacro de actuación e coordinación entre todos os servizos implicados (emerxencias, bombeiros, sanitarios, policía local, xestores do túnel, protección civil...) ante un sinistro que implicaría a extinción dun incendio e a evacuación de feridos e de usuarios do túnel de Cornes-Horreo na SC-20, que une o Polígono do Tambre co Milladoiro.
ALCALDÍA
O alcalde dá conta da proposta de reparto de 8’8 millóns de euros de remanente de tesourería
Xosé Sánchez Bugallo deu conta en rolda de prensa da proposta da Alcaldía de reparto do remanente de tesourería, logo de "escoitadas as propostas dos grupos da oposición" e tras a segunda reunión da Xunta de Voceiro, que tivo lugar este mañá.
EDUCACIÓN
A VII Mostra Musical do Eixo Atlántico reflicte en Ferrol o alto nivel dos novos intérpretes da Eurorrexión
36 solistas e 8 agrupacións procedentes de Galicia e do Norte de Portugal participaron nesta edición. O principal premio da Mostra leva o nome de Xosé Manuel Rodríguez-Abella, pedagogo que foi xefe do Departamento de Educación de Santiago durante máis de trinta anos, e un dos pioneiros nos procesos socioeducativos impulsados polos Concellos galegos, recaeu sobre a directora da Orquestra do Conservatorio de Santiago, Carmen Ferreiro.
XUNTA DE GOBERNO
A Xunta de Goberno Local aproba a apertura do procedemento de adxudicación do servizo de limpeza en edificios e instalacións municipais para os próximos tres anos
A Xunta de Goberno Local aprobou a apertura do procedemento de adxudicación do servizo de limpeza en edificios e instalacións dependentes do Concello de Santiago de Compostela, por un importe base de licitación de 4.864.061,76 euros, IVE engadido, e un periodo de tres anos. Dos acordos adoptados informou en rolda de prensa o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo.
EDUCACIÓN
O alumnado da Escola Municipal de Música de Santiago ofrece un concerto á veciñanza do Castiñeiriño
Numerosos veciños e veciñas acudiron ese mediodía ao patio do antigo colexio Ramón Cabanillas, onde o alumnado da Escola Municipal de Música de Santiago (EMMS) ofreceu un concerto, organizado pola Escola e polo departamento de Educación do Concello.
ALCALDÍA
A Xunta Xeral de Mergalicia acorda modificar os estatutos para que a entidade sexa medio propio do Concello
O Pazo de Raxoi acolleu esta mañá o Consello de Administración e a Xunta Xeral de Mercagalicia, na que se acordou a modificación dos seus estatutos para que a sociedade poida ser medio propio do Concello e de Mercasa, sociedade dependente do Ministerio de Agricultura, entre outros cambios. Asistiron o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, e a concelleira de Facenda e Orzamentos, Marta Abal.
ALCALDÍA
Conxo acolle a Festa do Banquete o 20, 21 e 22 de maio
O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, acompañado polos técnicos municipais Suso Amado e Lucía Castro; a xerente de Turismo de Santiago, Flavia Ramil; e a pregoeira María Dolores Domínguez (Madó), presentou esta mañá en rolda de prensa o amplo de programa de actividades da Festa do Banquete de Conxo, en cuxa organización participou tanto o Concello de Santiago como a veciñanza, cun alto nivel de implicación. O día grande das festas será o domingo 22 de maio, cunha romaría...
CONSORCIO
O alcalde visita o avance das obras da cuberta das piscinas do complexo de Fontes do Sar
O alcalde de Santiago e presidente do Consorcio, Xosé A. Sánchez Bugallo, visitou na mañá deste venres as obras da cuberta telescópica das piscinas do complexo de Fontes do Sar. Fíxoo acompañado da concelleira de Deportes, Esther Pedrosa, a xerente do Consorcio, Belén Hernández, a arquitecta responsable do proxecto, Idoia Camariuaga, e a xefa técnica do Consorcio, Lourdes Pérez.