CONVIVENCIA E MOBILIDADE

As obras do paso superior sobre a AP-9 en San Lázaro obrigarán a desviar o tráfico rodado e peonil durante varios meses

14/08/2017

As obras de ampliación do tramo Santiago Norte-Santiago Sur da autopista AP-9 inclúen a eliminación da ponte existente sobre a autopista ao seu paso por San Lázaro e a posterior construción dunha nova. Estas obras obrigarán, a partir do vindeiro xoves, 17 de agosto, a desviar o tráfico rodado e tamén aos peregrinos que utilizan ese tramo do Camiño.

Ler máis

ACCIÓN CULTURAL

Resolta a convocatoria 2017 de proxectos de creación en artes visuais para a Zona "C"

14/08/2017

O Auditorio de Galicia vén de publicar no portal de Transparencia da Actividade Pública a resolución da Convocatoria 2017 de propostas de artes visuais da Zona "C". O comité de selección, no que participaron Santiago Olmo, director do Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC); Mónica Maneiro, directora de Dardomagazine; a artista Neves Seara e Chus Busto, responsable de exposicións e actividade cultural do Auditorio, escolleu seis proxectos de entre os 40 presentados nesta edición.

Ler máis

ACCIÓN CULTURAL

O Feito a Man acolle o 30 de agosto un concerto-tributo a Narf con máis de 30 artistas

11/08/2017

O vindeiro 30 de agosto, a cidade de Fran Pérez, Narf, Santiago de Compostela, renderalle merecida homenaxe ao músico falecido o pasado novembro cun espectáculo que quere celebrar o seu legado, tanto musical como teatral. Será un evento no que participarán máis de 30 artistas de Mozambique, Portugal, Euskadi, Inglaterra e, por suposto, Galicia. As entradas xa se poden mercar as entradas en ataquilla.com.

Ler máis

FACENDA E OBRAS

Os remanentes permitirán executar obras por valor de 3,3 millóns de euros

10/08/2017

A alcaldesa en funcións e concelleira de Economía, Facenda e Administración, María Rozas, e o concelleiro de Medio Rural, Mantemento e Obras para o Equilibrio Territorial, Rafael Peña, explicaron hoxe polo miúdo as obras que o Concello vai acometer durante o que queda de 2017 e os primeiros meses de 2018 cos remanentes do exercicio anterior.

Ler máis

ALCALDÍA

Recepción aos participantes na LX edición do Curso "Música en Compostela"

10/08/2017

A alcaldesa en funcións, María Rozas, e outros membros da Corporación recibiron en Raxoi os/as participantes na LX edición do Curso Universitario Internacional Música en Compostela, que se celebra do 6 ao 19 de agosto. Nesta edición participan preto de 100 alumnos e alumnas procedentes de países como Arxentina, Bulgaria, Bélxica, Costa Rica, Corea, España, EE.UU., Xapón, Hungría, Honduras, Portugal, Romanía, Perú, Venezuela ou Rusia.

Ler máis

CONSORCIO

A Real Filharmonía de Galicia interpretará "El amor brujo", de Manuel de Falla, este venres no Auditorio

10/08/2017

No marco da 60ª edición do Curso Universitario Internacional de Música Española Música en Compostela, a Real Filharmonía de Galicia participa cun novo concerto este venres. Será ás 20:30 horas no Auditorio de Galicia, baixo a batuta do director asociado da orquestra, o mestre compostelán Maximino Zumalave. Ademais, intervirá como solista o violoncellista canario Ángel Luis Quintana.

Ler máis

INCENDIOS

Controlados dous lumes en Grixoa e Villestro

09/08/2017

Na tarde deste mércores rexistráronse dous pequenos incendios nas parroquias de Villestro e Grixoa que, a estas horas, xa foron controlados polos servizos de emerxencia. No operativo da Xunta tamén participaron Protección Civil e os Bombeiros de Santiago, que refrescaron a zona para evitar o repunte das lapas.

Ler máis
Compartir: